Juan Fernández Latorre

empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Juan Fernández Latorre
Remove ads

Juan Fernández Latorre, nado na Coruña o 8 de outubro de 1848[1] e finado en Madrid o 14 de marzo de 1912, foi un empresario e político galego, fundador do xornal La Voz de Galicia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Traxectoria

Ingresou no Exército, onde chegou a sarxento de artillaría e participou na rebelión do cuartel de San Gil, un golpe de Estado progresista que tivo lugar contra a raíña Isabel II en xuño de 1866 en Madrid. En 1869 redactou unha proclama, pola que foi condenado á morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. Fuxiu a Francia, de onde volveu a España con ocasión da amnistía de 1870.

Foi secretario do concello de Granollers e deputado a Cortes na Primeira República. Tralo golpe do xeneral Pavía, Latorre exiliouse de novo a Francia.

De volta a Galicia, a canda Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario.

Nas eleccións lexislativas de 1891 obtivo acta de deputado republicano por Ortigueira, e en 1910 conseguiu escano pola Coruña. Ademais de deputado a Cortes, tamén foi subsecretario de Gobernación en 1905 e en 1910. En 1911 nomeárono gobernador civil de Madrid, cargo que desempeñou ata o día da súa morte en 1912.

Remove ads

Vida persoal

Casou con Felisa Ozores de Prado, e foi pai de María Victoria Fernández-Latorre.[2]

Recoñecementos

Na cidade da Coruña está o CEIP Juan Fernández Latorre, e en 1906 púxoselle o seu nome a unha avenida.[3] En 2004 bautizouse co seu nome a biblioteca municipal de Ortigueira,[4] localidade onde unha das súas rúas preserva tamén a súa memoria.

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads