María Victoria Fernández-Latorre

muller da burguesía galega From Wikipedia, the free encyclopedia

María Victoria Fernández-Latorre Ozores, nada en Madrid o 8 de xaneiro de 1906 e finada na mesma cidade o 19 de decembro de 2000, foi unha muller da burguesía galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
María Victoria Fernández-Latorre
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1906
Madrid, España
Morte19 de decembro de 2000 (94 anos)
Madrid, España
Familia
CónxuxeJosé Fernández-España Vigil (1924–1927)
FillosMaría Victoria Fernández-España, Santiago Rey Fernández-Latorre
PaiJuan Fernández Latorre
Pechar

Traxectoria

Foi a segunda filla de Juan Fernández Latorre, fundador de La Voz de Galicia, e de Felisa Ozores de Prado. Naceu no Palacio do Goberno Civil de Madrid, cando seu pai ocupaba o cargo de gobernador civil. Recibiu o seu nome por María Victoria Montero Ríos, filla de Eugenio Montero Ríos e esposa de Manuel García Prieto.

Residiu nun piso fronte ao Teatro Real de Madrid, e pasou longas estancias no pazo de Miraflores, en Oleiros. De nova, xunto coa súa irmá Felisa, tivo unha institutriz francesa.

En setembro de 1924 casou co enxeñeiro José Fernández-España Vigil, finado en 1927 en accidente de circulación. Con el foi nai de María Victoria Fernández-España (nada en xuño de 1925) e de María Josefa Fernández-España, que naceu cando o pai xa morrera. En abril de 1931 casou en segundas nupcias co licenciado en Farmacia Emilio Rey Romero, e foi nai de Emilio (1932), Paloma e Santiago Rey Fernández-Latorre (1938).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.