A Universidade de León é unha universidade española de carácter público, con campus en León e Ponferrada.
Universidade de León | |
---|---|
«Universitas Legionensis» | |
Datos xerais | |
Localización | León, Ponferrada |
Datos actuais | |
Reitor | José Ángel Hermida |
Alumnos | 12.643 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Avda. de la Facultad de Veterinaria, 25 León, España |
Páxina web | www.unileon.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada en 1979 como escisión da Universidade de Oviedo, a partir das diversas Escolas e Facultades que, dependentes daquela, existían desde había máis ou menos tempo en León. Con todo, as orixes da universidade remóntanse a 1843, cando se crea a Escola Normal de Mestres, e 1852 coa fundación da escola subalterna de Veterinaria, sentando as bases da futura universidade leonesa.
Os últimos anos a universidade asinou importantes convenios de colaboración, entre os que destaca o asinado coa Universidade de Washington, que permitiu a instalación en León da segunda sede europea desta universidade para a aprendizaxe do español, con capacidade para 500 alumnos, e o asinado coa Universidade de Xiangtan, que propiciou a implantación na cidade do Instituto Confucio.
Centros docentes
- Facultade de Ciencias Biolóxicas e Ambientais
- Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte
- Facultade de Ciencias do Traballo
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Facultade de Dereito
- Facultade de Educación
- Facultade de Filosofía e Letras
- Facultade de Veterinaria
- Escola de Enxeñerías Industrial e Informática
- Escola Superior e Técnica de Enxeñeiros de Minas
- Escola Superior e Técnica de Enxeñería Agraria
- Escola Universitaria de Ciencias da Saúde
- Escola Universitaria de Traballo Social (Centro adscrito)
- Escola Universitaria de Turismo de León (Centro adscrito)
- Escola Universitaria de Turismo de Ponferrada (Centro adscrito)
Reitores
- Andrés Suárez y Suárez (1982–1984)
- Miguel Cordero del Campillo (1984–1986)
- Juan Manuel Nieto Nafría (1986–1990)
- Julio César Santoyo Mediavilla (1990–2000)
- Ángel Penas Merino (2000–2008)
- Jose Ángel Hermida Alonso (2008–2016)
- Juan Francisco García Marín (2016– )
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.