From Wikipedia, the free encyclopedia
Un risco biolóxico (en inglés biohazard) consiste na presenza dun organismo, ou a substancia derivada dun organismo, que expón (sobre todo) unha ameaza á saúde humana. Isto pode incluír os residuos sanitarios, mostras dun microorganismo, virus ou toxina (dunha fonte biolóxica) que pode resultar patóxena. O termo e o seu símbolo asociado utilízase xeralmente como advertencia, de modo que esas persoas potencialmente expostas ás substancias o saiban para tomar precaucións.
As condicións de traballo poden resultar negativas se se realizan en presenza de contaminantes biolóxicos. Estes contaminantes son aqueles axentes biolóxicos que cando se introducen no corpo humano ocasionan enfermidades de tipo infeccioso ou parasitario.
O concepto de axente biolóxico inclúe, pero non está limitado, a bacterias, fungos, virus, protozoos, clamidias, endoparásitos humanos, produtos de recombinación, cultivos celulares humanos ou de animais e os axentes biolóxicos potencialmente infecciosos que estas células poidan conter, prións e outros axentes infecciosos.[2]
As principais vías de penetración no corpo humano son:[3]
O Centro de control e a prevención de enfermidades de Estados Unidos (CDC) categoriza varias enfermidades segundo os niveis de risco, sendo 1 o risco mínimo e 4 o risco extremo. En España estes niveis establécense no Real Decreto 664/1997.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.