Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) foi un partido político liberal progresista e nacionalista catalán creado o 17 de novembro de 1974 en Montserrat arredor da figura de Jordi Pujol. O partido refundouse nun congreso entre o 8 e 10 de xullo de 2016 dando lugar ao Partit Demòcrata Europeu Català. Aínda que xa non ten actividade política, o partido segue a existir por motivos legais cunha mínima estrutura xurídica ligada ao novo Partit Demòcrata e nesta etapa de hibernación tivo como primeiro presidente ao histórico líder converxente, Jacint Borràs.[1]

Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC)
Partido político de Cataluña (Norte e Sur)
Thumb
Dirixentes e organización
LíderArtur Mas i Gavarró
(presidente)
Josep Rull i Andreu
Lluís Corominas i Díaz
(secretario xeral)
MocidadesJoventut Nacionalista de Catalunya
Historia
Fundación1978
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro político
Nacionalismo catalán
Liberalismo
Independentismo catalán
Federalismo europeo
Representación
Representación10 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados español
Outros datos
SedeC/ Còrsega, 331-333, 08037 Barcelona
PublicaciónFull Informatiu
Na rede
www.convergencia.cat
BNE: XX98677
Pechar

Xuntamente con Unió Democràtica formou a federación Convergència i Unió, que existiu entre 1978 e 2015. A coalición liderou o Goberno de Cataluña durante 8 lexislaturas.

Ideoloxía

Convergència Democràtica de Catalunya defínese como un partido liberal progresista e nacionalista catalán. Malia declararse nos seus comezos de centro-esquerda, cos anos evolucionou cara a posicións máis conservadoras. De feito, considerouse a Jordi Pujol influído ideoloxicamente polo personalismo francés de Emmanuel Mounier, polo espiritualismo de Enric Prat de la Riba e o misticismo de Raimon Galí i Herrera, conectando nacionalismo e cristianismo (Charles Péguy) e dándolle importancia á responsabilidade e á ética (Antoine de Saint-Exupéry), co fin de elaborar un nacionalismo humanista e ético.

Thumb
Jordi Pujol, primeiro líder de CDC.

Traxectoria

Fundación

O partido foi fundado na I Asemblea fundacional no Santuari de la Mare de Déu de Montserrat o 15 de novembro de 1974, nunha reunión semiclandestina aproveitando o 75 aniversario do FC Barcelona, organizada por Miquel Sellarès i Perelló e Miquel Esquirol. Nela participaron 125 persoas, entre elas Joan Granados i Duran, Marc Teixonera, Jordi Pujol i Soley e Anton Cañellas, alén dun grupo de persoas próximas a Jordi Pujol, como Jaume Casajoana, Xavier Polo, Rafael Pradas, Oriol Panyella e Lluís Maria Sunyer. A maioría eran profesionais independentes, algúns sindicalistas e membros de movementos confesionais próximos a UDC. Na reunión Jordi Pujol definiu fer país como o devezo de formar unha determinada moral, transformar as mentalidades e construír a colectividade catalá, reformar a lingua, expandir a cultura catalá, reformar as tradicións e crear unha nova mentalidade económica. A reunión remata co apoio á defensa da democracia e da liberdade, así como á participación social, ó autogoberno e á proxección europea de Cataluña.

Legalización

En xaneiro de 1975, Jordi Pujol deu unha conferencia en ESADE, onde convidou os seus partidarios a facer política.[2] Así, para xuño adhírense á Asemblea de Cataluña e en novembro celebran a II Asemblea, onde se decide pactar con Convergència Socialista de Catalunya para faceren unha pinza á hora de negociaren co goberno central. En decembro de 1975 ingresan no Consell de Forces Polítiques de Catalunya.

O 16 de xaneiro de 1976 constituíuse como partido político, da unión do Grup d'Acció al Servei de Catalunya de Jordi Pujol i Soley, do Grup d'Independents de Miquel Roca i Junyent e do grupo Acció Obrera. Para marzo celebraron a III Asemblea, onde se aprobou un programa socialdemócrata de centro esquerda e nacionalista. Jordi Pujol foi elixido secretario xeral e Miquel Roca secretario xeral adxunto. O ideario do partido abandona o federalismo para centrarse no feito nacional e no dereito de autodeterminación, coa pretensión de converterse no referente do nacionalismo catalán.

En xaneiro de 1977, celébrase o IV Congreso, no que se decide a presentarse ás primeiras eleccións democráticas xerais españolas, o 15 de xuño de 1977 forma parte da coalición Pacte Democràtic per Catalunya, xunto con Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC) de Ramon Trias Fargas e o PSC-Reagrupament de Josep Verde i Aldea, recibindo tamén o apoio do Front Nacional de Catalunya e de Estat Català. A coalición obtivo 522.060 votos, 11 deputados e 5 senadores. Jordi Pujol e Pere Pi-Suñer incorpóranse ó Consello Executivo da Generalitat Provisional de Josep Tarradellas, que volvera do exilio para reactivar as institucións.

Coalición con UDC

En abril de 1978 celebrouse o V Congreso, no que se aproba un ideario nacionalista de contido socialdemócrata para tratar de constituírse en alternativa de centro-esquerda. Así, en maio absorbeu a Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC), o que supón o ingreso no partido de Ramon Trias Fargas Macià Alavedra e Joan Guitart. Do mesmo xeito, o PSC-Reagrupament preferiu unirse co PSC-Congrés para formar o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE).

O 19 de setembro de 1978 coaligouse con Unió Democràtica de Catalunya formando "Convergència i Unió", alianza que o 2 de decembro de 2001 se transformou en federación. CiU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e gobernou de xeito continuado até o 2003. Miquel Roca i Junyent participou na elaboración da Constitución Española de 1978, que consideraba como un marco non rematado, dinámico, ambiguo e susceptible de diversas interpretacións. Nas eleccións xerais españolas de 1979 a coalición CiU obtivo 484.154 votos, o que se traduciu en 8 deputados e un senador, que nas eleccións xerais españolas de 1982 aumentaron a 772.673 votos (12 deputados e 5 senadores).

No VII Congreso celebrado en 1985 foi aprobada unha nova estratexia. Miquel Roca fundou a nivel español o Partido Reformista Democrático (PRD) de carácter centrista, para participar na política global española (nomeada operación Roca). Nas eleccións xerais españolas de 1986 CiU conseguiu 1 012 054 votos, 18 deputados e 8 senadores, mais o PRD tan só 194.538 e ningún escano. Así e todo, no VIII Congreso de CDC Jordi Pujol foi elixido presidente e Miquel Roca continúa como secretario xeral até o IX Congreso de 1992.

Co retiro de Pujol, Artur Mas foi proclamado candidato de CiU (2002). A candidatura da federación foi a que obtivo o maior número de deputados nas eleccións ao Parlamento de Cataluña 2003 e 2006, pasando á oposición pola formación do pacto tripartito entre PSC, ERC e ICV.

En 2007, Artur Mas asumiu unha nova estratexia na que tentou agrupar diversos sectores do soberanismo político baixo o lema de "La Casa Gran del Catalanisme".[3]

Nas eleccións de 2010 ao Parlamento catalán, o candidato á Presidencia da Generalitat por CIU, Artur Mas, volveu gañalas conseguindo 62 escanos. A pesar de non consegui-la maioría absoluta no Parlamento, foi investido como 129º Presidente da Generalitat na segunda volta por mor da abstención do PSC-PSOE e ser suficiente a maioría simple para conseguilo. Tomou posesión do cargo o 27 de decembro de 2010 no Salón Sant Jordi do Palacio da Generalitat.

Entre o 23 e o 25 de marzo de 2012, Convergència, celebrou o XVI Congreso en Reus, onde marcou como obxectivo "acada-la plena soberanía, o Estado propio". Produciuse un relevo xeracional, no que Jordi Pujol recibiu o título honorífico de presidente-fundador do partido[4] e Mas era nomeado como presidente, pasando Oriol Pujol a secretario xeral e Josep Rull á secretaría de organización e o relatorio político fora moi discutido, quedando insatisfeitos os sectores máis soberanistas.[5] Porén, no congreso, varios dirixentes afirmaran abertamente que o obxectivo a medio prazo de CDC era a consecución da independencia. Poucos meses despois, a raíz da manifestación "Cataluña novo estado de Europa", Artur Mas propuxo un pacto fiscal co estado español co que aspiraba a supera-lo Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006, que fora fortemente recortado dous anos despois. Ao non conseguilo convocou, anticipadamente, Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012, nas que CiU perdeu representación respecto a comicios anteriores.

No 2014, prouciuse a retirada de Oriol Pujol i Ferrusola por unha presunta implicación nunha trama corrupta (as primeiras novas apareceron ao día seguinte de acceder á secretaría xeral), polo que Josep Rull, fíxose cargo da secretaría xeral. Ese mesmo ano, destapouse o denominado Caso Pujol no que o expresidente da Generalitat admitiu ter cartos en Andorra recibidos, presuntamente, dunha herdanza non declarada de seu pai.[6] Ao coñecerse este feito, Jordi Pujol foi apartado de tódolos seus cargos de Converxencia e os novos dirixente chamaron a realizar unha refundación do partido.[7]

Despois de CiU

O 18 de xuño de 2015, Convergència anunciou a desaparición de CIU, a federación que mantiña con Unió Democrática de Cataluña, debido ás fortes discrepancias sobre o proceso soberanista.[8] Nas seguintes eleccións do 27 de setembro ao Parlamento catalán, presentouse por primeira vez, dende 1978, sen UDC, ao tempo que se integra con Esquerra Republicana de Cataluña na coalición denominada "Junts Pel Si" (Xuntos polo Si, en galego), a coalición independentista que gobernaba Cataluña co converxente Carles Puigdemont como 130º Presidente da Generalitat de Cataluña. Ademais, CDC presentouse ás eleccións lexislativas españolas de 2015 en coalición con Demócratas de Cataluña baixo o nome Democràcia i Llibertat[9] e, posteriormente, presentouse por primeira vez completamente soa coas súas siglas ás eleccións españolas do 26 de xuño de 2016.[10]

Cara á refundación

O 23 de novembro dese mesmo ano, o coordinador do partido, Josep Rull, anunciou a celebración, nun prazo de catro a cinco meses, dun congreso para integrar CDC nunha nova plataforma ampla de centro e soberanista.[11] No entanto, a imposibilidade de formar goberno en España tralas eleccións xerais do 20 de novembro de 2015, forzaron unha nova convocatoria electoral o 26 de xuño de 2016. Diante desta situación, CDC tivo que apraza-lo congreso no que decidiría sobre o seu futuro. Finalmente, a dirección decidiu convocar o Superdissabte, unha consulta que se levou a cabo o 21 de maio, dentro do XVII Congreso.[5] A militancia tiña que decidir se refundar Convergència ou crear unha nova formación política.[12] Cun 67% dos votos, os militantes de CDC decantáronse pola creación dun novo proxecto político,[13] que se constituíu no congreso do partido celebrado entre o 8 e o 10 de jullo de 2016 e que supuxo o nacemento da formación política que recollía o relevo de Convergència Democrática de Cataluña: o Partit Demòcrata Europeu Català.

Condena

En xaneiro de 2018, o partido foi condenado a pagar 6 millóns de euros en relación ao Caso Palau, onde se comprobou o seu financiamento ilegal continuado empregando o Palau da Música catalá para cobrar comisións de empresas que posteriormente recibían a cambio adxudicacións de obras públicas.[14]

Estrutura

Federacións

Convergència Democràtica de Catalunya organizábase en 9 federacións territoriais: Barcelona cidade, Comarcas de Barcelona, Comarcas Centrais, Xirona, Cataluña Norte, Comarcas do Alto Pirenero, Terras do Ebro; Lleida e Tarragona.

No 2006 absorbeu ó Bloc Català, no seu congreso refundación decidiuse integrar en CDC como unha federación rexional autónoma, pasando a ser Cataluña Norte o primeiro territorio fóra da Comunidade Autónoma de Cataluña onde se organiza. En 2008, CDC conseguiu 15 concelleiros na Cataluña Norte, entre os que había un concelleiro na vila de Perpiñán e 2 alcaldes. En outubro de 2012, CDC de Catalunya Nord e as federacións da Union pour un mouvement populaire (UMP) nos Pireneos Orientais chegaron a un acordo electoral. CDC aclarou que se realizou por un proxecto para ese territorio para obter unha lei para as linguas rexionais. Tamén manifestou por desenvolver a francofonía no territorio administrado pola Generalitat.[15]

Sección xuvenil

A súa organización xuvenil foi a Joventut Nacionalista de Catalunya (JNC), fundada en abril de 1980 na localidade de Platja d'Aro.[16] Hoxe en día, a JNC mantense como a organización política das mocidade do PDeCAT.

Líderes

Presidentes

  1. Ramon Trias Fargas (1979-1989)
  2. Jordi Pujol i Soley (1989-2012)
  3. Artur Mas i Gavarró (2012-2016)

Secretarios xerais

  1. Jordi Pujol i Soley (1976-1989)
  2. Miquel Roca i Junyent (1989-1996)
  3. Pere Esteve i Abad (1996-2000)
  4. Artur Mas i Gavarró (2000-2012)
  5. Oriol Pujol i Ferrusola (2012-2014)

Ao se produci-la dimisión de Oriol Pujol, creouse un novo cargo, Coordinador xeral do comité de dirección, para o que foron nomeados Lluís Corominas e Josep Rull.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.