universidade pública galega con sede na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en sete campus na Coruña —A Mestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros (estes dous no concello de Oleiros)— e un en Ferrol.
A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario.[1][2].
Alumnado
Desde a súa fundación, a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un alumnadoo superior ou próximo aos vinte mil, co máximo nos inicios dos anos 2000.[3] Desde a década de 2010, o alumnado foi diminuíndo.[4] A evolución do alumnado foi a seguinte:[4][5]
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)
Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)
Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)
Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)
Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial. Unidade mixta de investigación (ITMATI)
Bibliotecas
A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferroláns e coruñeses e un servizo central no Edificio Xoana Capdevielle no Campus de Elviña,[6][7] amais dunha biblioteca dixital. En 2005 abriuse o repositorio da Universidade da Coruña, no que hai catalogadas obras producidas na universidade e dixitalizadas.[8]
Campus de Ferrol
Biblioteca da Escola Politécnica Superior
Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín
Campus da Coruña
Biblioteca Casa do Patin Campus de Esteiro Universidade da CoruñaBiblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
Biblioteca da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
Biblioteca da Facultade de Ciencias
Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
Biblioteca da Facultade de Dereito
Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
Biblioteca da Facultade de Filoloxía
Biblioteca da Facultade de Informática
Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Remove ads
Administración
Reitoría
A máxima autoridade da Universidade da Coruña ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.
É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. Ten un mandato de catro anos con posibilidade de reelección.
As Vicerreitorías coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico baixo a autoridade da reitoría. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes:
Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte
Vicerreitoría de Economía e Planificación Estratéxica
Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade
Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade
Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
Vicerreitoría de Profesorado
Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización
Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
Secretaría Xeral
Remove ads
Normalización lingüística
En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade. Este recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega, tal e como establecen os seus estatutos. Este Plano veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005. A través del, a UDC debe pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución. Cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa.
Entre outras medidas recollidas no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. Respecto ás materias, a UDC quere lograr que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.