From Wikipedia, the free encyclopedia
A francofonía designa un conxunto de estados e gobernos que comparten o francés como lingua de referencia.
Este termo é máis vago do que parece. De feito, téñense que distinguir os países onde o francés é lingua oficial (única ou non), aqueles onde o francés é a lingua materna dunha gran parte da poboación, aqueles onde é lingua de cultura, aqueles onde é utilizado por certas clases sociais da poboación etc. Por veces estas categorías mistúranse. En certos países por exemplo, aínda que sendo lingua oficial, o francés non é a lingua materna da poboación, nin aquela correntemente utilizada. O criterio lingüístico non corresponde sempre ao criterio da nacionalidade. Por exemplo, non todos os escritores en idioma francés son de nacionalidade francesa. Iso é a cuestión da francofonía. A francofonía (cun f minúsculo) fai referencia aos países que falan francés, pero a Francofonía (cun F maiúsculo) fai referencia aos países conformantes da Organización Internacional da Francofonía (Organisation internationale de la francophonie). Tense que falar tamén do espazo francófono que consiste no espazo onde se fala o francés. Estímase ao principio do século XXI o número de locutores reais do francés en aproximadamente 200 millóns, en xeral dos países membros da Organización internacional da francofonía.
A Organización Internacional da Francofonía (OIF) é unha institución fundada no feito de compartir unha lingua e valores comúns. Conta ata hoxe 56 estados membros de pleno dereito e 14 observadores. O secretario xeral, a señora Michaëlle Jean[1], está encargada da posta en marcha da política internacional así como da animación e da coordinación da política de cooperación. Apóiase nun operador principal, catro operadores directos e unha asemblea consultiva.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.