From Wikipedia, the free encyclopedia
Rickettsia é un xénero de bacterias gramnegativas non móbiles e non formadoras de esporas, moi pleomórficas, que poden ter forma de coco (de 0,1 μm de diámetro), bacilo (de 1–4 μm de longo) ou filamentosa (de 10 μm de longo). Son parasitos intracelulares obrigados, polo que a supervivencia de Rickettsia depende da súa entrada, crecemento e replicación dentro do citoplasma dunha célula eucariota hóspede (xeralmente unha célula endotelial).[8]
Rickettsia | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rickettsia rickettsii | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Rickettsia aeschlimannii[1] |
Debido a este tipo de parasitismo, Rickettsia non pode vivir en medios artificiais con nutrientes e hai que cultivala en cultivos de embrións (xeralmente ovos de polo embrionados) ou de tecidos biolóxicos. O método de cultivo das Rickettsia en embrións de polo inventouno Ernest William Goodpasture e os seus colegas na década de 1930. No pasado, cando non se coñecía o suficiente delas, foron situadas a medio camiño entre os virus e as bacterias. Porén, a diferenza dos xéneros bacterianos Chlamydia, Mycoplasma, e Ureaplasma, os organismos Rickettsiales posúen verdadeiras paredes celulares similares ás das outras bacterias gramnegativas.[9] A maioría das Rickettsia son susceptibles aos antibióticos do grupo das tetraciclinas.
As especies de Rickettsia son transportadas por moitas especies de carrachas, pulgas, e piollos, e causan enfermidades en humanos como por exemplo o tifo exantemático, varíola rickettsial[10], febre botonosa[10], febre manchada das Montañas Rochosas, ou a febre manchada da illa Flinders.[11] Tamén foron asociadas con diversas enfermidades de plantas. Unha vez dentro da célula hóspede a bacteria multiplícase ata encher todo o citoplasma, entón a célula esboura, liberando a proxenie ao medio circundante, onde infectan máis células.[12]
O nome do xénero procede do investigador Howard Taylor Ricketts (1871–1910), que estudou a febre manchada das Montañas Rochosas en Montana, e que finalmente acabou morrendo de tifo ao estudar esa enfermidae en México. O nome rickettsia úsase ás veces en sentido amplo para referirse a todas as Rickettsiales.
As rickettsias poden ser as bacterias vivas máis próximas ás antigas bacterias que orixinaron por endosimbiose as mitocondrias das células eucariotas.
Rickettsia divídese en tres grupos baseados na seroloxía, que son: grupo da febre manchada, do tifo e da febre de tsutsugamushi[10]. Este agrupamento foi confirmado por secuenciación do ADN. Os tres grupos conteñen patóxenos humanos. O grupo da febre de tsutsugamushi foi reclasificado como un novo xénero chamado Orientia, polo que non sería xa un membro de Rickettsia, pero moitos libros de texto médicos aínda inclúen este grupo como produtor de enfermidades de rickettsias.
Nos últimos anos foi facéndose evidente que as rickettsias están máis estendidas do que previamente se cría e agora sábese que están asociadas con artrópodos, sambesugas e protistas. Tamén se identificaron distintos tipos dentro do grupo da febre manchada e suxeriuse que este debería dividirse en dous clados.[13] As rickettsias que viven en artrópodos están xeralmente asociadas con eventos reprodutivos do animal (como a partenoxénese) para poder persistir na liñaxe do hóspede [14]
En 2010 investigacións suecos informaron dun caso de meninxite bacteriana en humanos causada por Rickettsia helvetica, que previamente se cría que era inofensiva.[15]
Outras alfaproteobacterias |
Rhodospirillales, Sphingomonadales, Rhodobacteraceae, Rhizobiales etc. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rickettsiales |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Diversas enfermidades de plantas foron asociados con organismos do tipo Rickettsia (RLO).[17] Entre eses organismos están:
A infección dáse tamén en mamíferos non humanos; por exemplo, especies de Rickettsia atacan o guanaco (Lama guanacoe, camélido suramericano).[18]
Certos segmentos do xenoma das rickettsias lembran ao das mitocondrias.[19] O xenoma de R. prowazekii ten unha lonxitude de 1.111.523 bp e contén 834 xenes codificantes de proteínas.[20] A diferenza das bacterias de vida libre, non contén xenes para a glicólise (proceso anaerobio) nin xenes implicados na biosíntese e regulación de aminoácidos e nucleósidos. Neste sentido é similar aos xenomas mitocondriais, e en ambos os casos deben usarse recursos codificados no núcleo da célula (hóspede).
A produción de ATP in Rickettsia é igual que nas mitocondrias. De feito, de todos os microbios coñecidos, a Rickettsia é probablemente o máis próximo (nun sentido filoxenético) ás mitocondrias. Pero, a diferenza das mitocondrias, o xenoma de R. prowazekii, contén un conxunto completo de xenes que codifican os encimas do ciclo do ácido tricarboxílico e o complexo da cadea respiratoria. De todos modos, os xenomas de Rickettsia e das mitocondrias dise frecuentemente que son produtos resultantes dunha evolución redutiva.
O descubrimento recente dunha semellanza entre os xenomas de Rickettsia e certos virus pode servir para loitar contra as infeccións por VIH.[21] A resposta inmune humana contra o patóxeno da febre de tsutsugamushi, Orientia tsutsugamushi (antes Rickettsia tsutsugamushi), parece proporcionar un efecto beneficioso contra o progreso da infección por VIH, ao influír negativamente no proceso de replicación do virus. Unha posible razón para este fenómeno é o certo grao de homoloxía entre a rickettsia e o virus, concretamente teñen epitopos comúns debido a fragmentos do xenoma que son comúns en ambos os patóxenos. Sorprendentemente, outra infección da que se informou que probablemente produce o mesmo efecto (decrecemento da carga viral) é a enfermidade de orixe vírica dengue.
As análises comparativas de secuencias xenómicas identificaron 5 indeis sinatura conservados en importantes proteínas, que só se encontran en membros do xénero Rickettsia. Estes indeis consisten nunha inserción de 4 aminoácidos no factor Mfd de acoplamento de reparación da transcrición , unha inserción de 10 aminoácidos na proteína ribosómica L19, unha inserción de 1 aminoácido no FtsZ, unha inserción de 1 aminoácido no factor sigma 70 maior, e unha deleción de 1 aminoácido na exonuclease VII. Estes indeis son todos característicos do xénero e serven como marcadores moleculares para Rickettsia.[22]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.