Guanaco

Especie de camélido From Wikipedia, the free encyclopedia

Guanaco

O guanaco[2] (Lama guanicoe) é un camélido nativo de América do Sur, cuxa altura varía entre 107 e 122 cm. Pesa cerca de 90 kg. A cor varía moi pouco (ao contrario da llama), variando dun marrón-claro a un máis escuro e canela para sombreamento, con pelaxe branca no tórax e no abdome. A face dun guanaco ten un ton cinsento e as orellas, pequenas, fican de pé. A súa característica distintiva son os seus grandes ollos castaños (utilizados para se manter atento a calquera perigo), a forma corporal equilibrada e a enorme enerxía. O nome guanaco vén da lingua suramericana quechua (da palabra huanaco). O guanaco, así como a llama, é un mamífero ruminante de América do Sur, principalmente no Perú. Ao contrario das outras especies de camelídeos, este animal ten a pelaxe máis curta. Pode pasar catro días sen auga. Vive en grandes alturas, próximas aos 4 000 metros.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Guanaco
Thumb
Estado de conservación
Thumb
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Camelidae
Tribo: Lamini
Xénero: 'Lama'
Especie: L. guanicoe
Nome binomial
'Lama guanicoe'
(Müller, 1776)
Thumb
Distribución del guanaco (Lama guanicoe)

Distribución del guanaco (Lama guanicoe)
Subespecies

Lama guanicoe guanicoe
Lama guanicoe cacsilensis

Sinonimia

Lama glama guanicoe
Lama glama cacsilensis

Pechar

Poboación e distribución

O guanaco é nativo das rexións áridas e montañosas de América do Sur. Atópanse no altiplano do Perú, Bolivia, Ecuador, Colombia, Chile e a Arxentina. En Chile e na Arxentina, son máis numerosos nalgunhas rexións da Patagonia, en lugares como o Parque Nacional Torres del Paine e na Illa Grande da Terra do Fogo. Nestas zonas, existen limitacións en materia de concorrencia (pasto do gando). Algúns indios bolivianos son coñecidos por axudar a poboación de guanacos a recuperar a súa estabilidade de poboación. O tempo de vida normal dun guanaco é de vinte a vinte e cinco anos.

Época de apareamento

A época de apareamento ocorre entre novembro e febreiro, durante a cal os machos, frecuentemente, pelexan violentamente para establecer o dominio sobre a femia e para ter os dereitos de reprodución. Once meses despois nace un único descendente (chamado de chulengo). Os chulengos son capaces de andar inmediatamente após o nacemento. Os novos chulengos machos son expulsos do rabaño logo dun ano de idade.

Thumb
Guanacos no Parque Nacional Torres del Paine, en Chile

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.