From Wikipedia, the free encyclopedia
Rickettsia prowazekii é unha especie de bacterias gramnegativas parasita intracelular obrigada, aerobia, que é o axente causante do tifo exantemático epidémico, transmitido polas feces dos piollos. A célula de R. prowazekii está con frecuencia rodeada por unha capa microcapsular mucosa, e non é flaxelada. Os reservorios principais son certos mamíferos, como o esquío voador en Norteamérica. O ciclo de vida natural da bacteria comprende xeralmente un hóspede vertebrado e outro invertebrado, normalmente un artrópodo, tipicamente o piollo humano. Unha forma de R. prowazekii que existe nas feces dos artrópodos permanece infectiva durante meses. Os piollos que foron infectados ao picar a un enfermo de tifo pasan a un novo hóspede, e nel o piollo elimina o microorganismo nas súas feces, que penetra na pel ao rañarse e despois chega ao sangue e penetra nas células endoteliais nas que se divide e causa vasculite, trombose, febre e exantemas na pel.
Rickettsia prowazekii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Rickettsia prowazekii' da Rocha-Lima, 1916 |
A súa secuencia xenómica indica que R. prowazekii parece estar moi relacionada co suposto antepasado de vida libre que orixinou as mitocondrias por endosimbiose.
Esta bacteria descubriuna en 1916 o doutor brasileiro Henrique da Rocha Lima, que traballara con Stanislaus von Prowazek. Henrique da Rocha Lima nomeou a bacteria dándolle o nome do seu colega S. von Prowazek, que morrera de tifo en 1915. Tanto Prowazek coma da Rocha Lima infectáronse con tifo mentres estudaban o seu axente causante nun hospital penitenciario en Hamburgo, Alemaña.[1]
O xenoma de R. prowazekii proporciona moitos datos sobre a orixe das actuais mitocondrias. Porén, R. prowazekii non é o único parente próximo coñecido das mitocondrias segundo a secuencia xenómica, xa que o seu xenoma é moi derivado, igual ca o da mitocondria, polo que deben ter un antepasado común. O xenoma deste organismo ten un tamaño de máis de 1 millón de pares de bases e contén 834 xenes que codifican proteínas. Os datos da súa secuencia suxiren que todas as mitocondrias existentes derivan dun antepasado de R. prowazekii como resultado dun só evento de endosimbiose. A fagocitación transitoria de células procariotas por células máis grandes non é algo raro no mundo microbiano. No caso das mitocondrias, esta relación transitoria fíxose permanente ao perder a célula bacteriana parte do seu ADN, o que fixo que a partir de entón fose incapaz de manter unha vida independente, e a célula hóspede fíxose dependente do ATP xerado polo seu hóspede.[2] Como os dous son similares deberon ter unha historia evolutiva similar.[3] Crese que as mitocondrias evolucionaron por endosimbiose, e R. prowazekii puido evolucionar da mesma maneira. Tamén é posible que unha bacteria similar a R. prowazekii fose quen iniciase a endosimbiose.[4][5]
Desenvolvéronse vacinas contra R. prowazekii na década de 1940, e foron moi efectivas na redución das mortes por tifo entre os soldados norteamericanos durante a segunda guerra mundial. A inmunidade que se adquire coa vacina ou por anteriores infeccións por R. prowazekii dura toda a vida na maioría dos casos. Porén, R. prowazekii pode orixinar unha infección latente asintomática, que pode reactivarse anos ou décadas despois (denominándose nese caso enfermidade de Brill-Zinsser). O tratamento con antibióticos do tipo das tetraciclinas é xeralmente efectivo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.