![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/57/Czechia_Montage.jpg/640px-Czechia_Montage.jpg&w=640&q=50)
República Checa
estado centroeuropeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Checa[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10] (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia[8][9][10] (en checo: Česko) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia. Bohemia ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unha cunca regada polos ríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava). Moravia, na parte oriental, está regada polo río Morava. Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.
Česká republika (cs) ![]() | |||||
Himno | Kde domov můj? (1 de xaneiro de 1993) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Truth prevails (en) ![]() ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Pobo checo ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Praga ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Bohemia Central Hradec Králové (pt) ![]() Karlovy Vary (pt) ![]() Liberec (pt) ![]() Olomouc (pt) ![]() Pardubice (pt) ![]() Plzeň (pt) ![]() Praga Rexión de Bohemia Meridional Rexión de Moravia Meridional Rexión de Moravia-Silesia Rexión de Ústí nad Labem Vysočina (pt) ![]() Zlín (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.900.555 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua checa ![]() | ||||
Relixión | sen valor ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 78.866 km² ![]() | ||||
Auga | 2 % ![]() | ||||
Bañado por | río Morava, Thaya (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Punto máis alto | Sněžka (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Río Elba (115 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1993 ![]() | ||||
Sucedido por | sen valor ![]() | ||||
Día festivo | Restoration Day of the Independent Czech State (en) ![]() Día da Vitoria en Europa (8 de maio) Czech Statehood Day (en) ![]() Independent Czechoslovak State Day (en) ![]() Struggle for Freedom and Democracy Day (en) ![]() Aninovo (1 de xaneiro) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ![]() Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Noiteboa (24 de decembro) Nadal (25 de decembro) Día de Santo Estevo (26 de decembro) Saints Cyril and Methodius Day (en) ![]() Jan Hus Day (en) ![]() Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria ![]() | ||||
• Presidente da República Checa ![]() | Petr Pavel (2023–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of the Czech Republic (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro da República Checa ![]() | Petr Fiala (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Chéquia (pt) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of the Czech Republic (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Tratado de ceos abertos Movement Coordination Centre Europe (en) ![]() Grupo de Fornecedores Nucleares (pt) ![]() ![]() | ||||
PIB nominal | 250.681.000.000 $ (2019) ![]() | ||||
Moeda | Coroa checa ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cz ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +420 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 150 (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | CZ ![]() | ||||
Código NUTS | CZ ![]() | ||||
Páxina web | czechia.eu ![]() | ||||
![]() |
O Estado Checo, ou as terras da Coroa de Bohemia, como era coñecido até 1918, formouse no final do século IX. Despois da Batalla de Mohács en 1526, o Reino de Bohemia foi integrado na monarquía dos Habsburgo xunto con Austria e Hungría. A república independente de Checoslovaquia formouse en 1918, tralo colapso do Imperio Austrohúngaro ao remate da Primeira guerra mundial. O Pacto de Múnic (asinado pola Alemaña nazi, Francia, Reino Unido e Italia) estabeleceu unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña. En agradecemento pola liberación da maior parte da República polo Exército Vermello, o Partido Comunista obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de 1946.
Dous anos despois, en 1948, Checoslovaquia converteuse nunha ditadura por mor dun golpe de estado. En 1968 a crecente insatisfacción culminou nunha tentativa de reformar o réxime. Os acontecementos coñecidos como a Primavera de Praga de 1968 terminaron coa invasión por parte dos exércitos dos países do Pacto de Varsovia (coa excepción de Romanía). As tropas permaneceron no país até a Revolución de Veludo de 1989, cando caeu o réxime. O 1 de xaneiro de 1993 Checoslovaquia dividiuse pacificamente en dous estados, a República Checa e Eslovaquia. O 1 de maio de 2004, Chequia ingresou na Unión Europea.
Hoxe a República Checa é unha democracia parlamentaria pluripartidista. O presidente Václav Klaus é o actual xefe de Estado, mentres que Petr Nečas é o Primeiro Ministro e Xefe de Goberno. O Parlamento ten dúas cámaras: a Cámara de Deputados e o Senado. Dende a súa creación a República Checa fixo reformas económicas como as privatizacións rápidas. O crecemento do seu Produto Interior Bruto (PIB) situouse en torno ao 6 % até o estalido da recente crise económica mundial. O país foi o primeiro membro da antiga COMECON en acadar o status de país desenvolvido segundo o Banco Mundial. O seu IDH en 2010 defíneo como unha nación cun "desenvolvemento humano moi alto".