Pacto de Varsovia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pacto de Varsovia ou Tratado de Varsovia foi unha alianza militar dos países do bloque soviético de Europa do Leste coma un intento para organizarse en contra da ameaza que percibían da OTAN, establecida en 1949, pero especificamente incitado pola integración dunha remilitarizada Alemaña Occidental dentro da OTAN coa ratificación dos Acordos de París polas nacións de occidente.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Pacto de Varsovia | |
---|---|
Acrónimo | Aínda que non existía un acrónimo como tal, era coñecido como "Pacto" ou "O Pacto"; en inglés o seu nome era "Warsaw Pact," e en ruso, "Варшавский договор" (Varshavskiy dogovor) |
Tipo | organización internacional e alianza militar |
Data de fundación | 14 de maio de 1955 |
Data de disolución | 1 de xullo de 1991 |
Nomeado en referencia a | Tratado de Varsovia |
Nº de empregados | 7.300 |
Sede | Moscova |
[ editar datos en Wikidata ] |
O tratado foi establecido por Nikita Khrushchev o 14 de maio de 1955. Oficialmente denominado Tratado da Amizade, Colaboración e Asistencia Mutua. Foi firmado pola Unión Soviética, Albania, Bulgaria, Romanía, Alemaña do Leste, Hungría, Polonia e Checoslovaquia.
Todos os países comunistas de Europa do leste, agás Iugoslavia, asinaron o tratado. Os membros do Pacto de Varsovia acordaron a defensa mutua se algún dos membros fose atacado.
Aínda que o pacto tiña o nome da capital polaca Varsovia, na práctica, a Unión Soviética tiña practicamente o control da alianza, tanto político coma militar. O pacto finalizou o 31 de marzo de 1991 e foi oficialmente disolto nunha reunión en Praga o 1 de xullo dese ano.
Albania retirouse da alianza en 1961 coma resultado da separación sino-soviética na que o réxime estalinista de liña dura apoiou á República Popular da China.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.