Moravia
terra histórica na República Checa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Moravia (Morava en checo e eslovaco) é unha das tres partes que conforman a República Checa, xunto con Bohemia e a Silesia checa. Limita ó O con Bohemia, ó S con Austria (estado de Baixa Austria), ó SL, L e NL coas rexións eslovacas de Trnava, Trenc(ín e Žilina respectivamente, ó NL e N coa Silesia checa, e ó N coa Silesia polaca.
Datos rápidos Nomeado en referencia a, Localización ...
Morava (cs) | |||||
Nomeado en referencia a | río Morava | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | República Checa | ||||
Capital | Brno Olomouc (pt) (–1642) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 22.348,87 km² | ||||
Punto máis alto | Praděd (pt) (1.491,3 m) | ||||
Santo padrón | Cirilo e Metodio | ||||
Pechar
O seu nome vén do río Morava, preto do cal se estableceu un grupo de eslavos pouco antes do ano 600. Os habitantes de Moravia falan diversos dialectos do checo.
Actualmente Moravia está dividida nas rexións de Moravia Meridional, Zlín, e parte das rexións de Moravia-Silesia, Olomouc, Pardubice, Vysoc(ina e Bohemia Meridional. A súa capital e principal cidade é Brno.