Petr Nečas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Petr Nečas, nado o 19 de novembro de 1964 e Uherské Hradiště, Checoslovaquia, é un político checo que ocupou o cargo de Primeiro Ministro da República Checa entre 2010 e 2013. Dende 1979 até 1983 Nečas estudou na Escola Secundaria de Uherské Hradiště; en 1988 graduouse na Facultade de Ciencias da Universidade Masaryk en Brno especializándose en física, e o mesmo ano foi galardoado cun doutoramento en ciencias naturais pola súa obra de física do plasma.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Despois de cumprir o servizo militar obrigatorio entre 1988 e 1989 en Prostějov, traballou na cidade de Rožnov pod Radhoštěm de tecnólogo e experimentalista na Compañía Tesla Rožnov até 1992. Nečas está casado con Radka Nečasová e ten catro fillas.