From Wikipedia, the free encyclopedia
(Mapa para daltónicos) Problemas de visión co verde e vermello. O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo.
O índice foi desenvolvido en 1990 polo economista paquistanés Mahbub ul Haq e o economista indio Amartya Sen[2].
O IDH calcúlase como a media aritmética dos índices de lonxevidade, nivel de educación e nivel de vida ou renda.
O cálculo destes índices vén dado no seguinte cadro:
Índice | Medida | Valor mínimo | Valor máximo | Fórmula |
---|---|---|---|---|
Lonxevidade | esperanza de vida ó nacer (EV) | 25 anos | 85 anos | |
Educación | Taxa de alfabetización (TA) | 0% | 100% | |
Taxa bruta de escolarización (TBS) | 0% | 100% | ||
Renda | logaritmo do PIB por habitante en paridade de poder adquisitivo |
100 USD |
40 000 USD |
No informe publicado en 2007 o Índice de Desenvolvemento Humano oscila entre Islandia cun índice de 0,968 na primeira posición ó 0,336 de Serra Leoa no posto 177.
Os estados clasifícanse en 3 grandes grupos_
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.