Coroa checa
moeda da República Checa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A koruna checa ou coroa checa (signo monetario : Kč; código: CZK ) é a moeda da República Checa dende 8 de febreiro de 1993 cando, xunto coa súa homóloga eslovaca, substituíu a coroa checoslovaca cunha taxa de cambio equivalente (1:1).
Coroa checa | |
---|---|
koruna česká (en checo) | |
Código: | CZK |
Ámbito: | República Checa |
Símbolo: | Kč |
Fracción: | 100 haléřů (h) |
Moedas: | 10, 20, 50 h 1, 2, 5, 10, 20, 50 Kč |
Billetes: | 50, 100, 200, 500, 1000, 2000, 5000 Kč |
Emisor: | Česká národní banka (ČNB) |
Taxa de troco: 07-02-2011 | 1 EUR = 24,0263 CZK 1 USD = 17,746 CZK |
Troco actual |
O nome oficial en checo é koruna česká (plural koruny české, aínda que a forma do xenitivo plural do ablaut indoeuropeo -korun českých- é usada en billetes e moedas cun valor facial de 5 Kč ou superior). O código ISO 4217 é CZK e o abreviatura da moeda é Kč, que é colocada despois do valor numérico (por exemplo, "50 Kč"). Unha coroa é igual a 100 haléřů (abreviado como "h", singular: haléř, plural nominativo: haléře, plural xenitivo: haléřů - usado con números maiores ou iguais a 5 - por exemplo,3 haléře, 8 haléřů).