![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c9/One_Czechoslovak_Crown.png/640px-One_Czechoslovak_Crown.png&w=640&q=50)
Coroa checoslovaca
From Wikipedia, the free encyclopedia
A coroa checoslovaca (en checo e eslovaco: koruna československá, ás veces koruna česko-slovenská; Koruna significa "coroa") foi a moeda de Checoslovaquia dende o 10 de abril de 1919 ó 14 de marzo de 1939 e dende o 1 de novembro de 1945 ata o 7 de febreiro de 1993. Tamén foi por un breve período en 1939 e en 1993, a moeda oficial por separado da República Checa e da República Eslovaca.
Corona checoslovaca koruna československá (checo & eslovaco) |
|
---|---|
![]() | |
Unha coroa da 1ª República checoslovaca | |
Código ISO 4217 | CSK |
Banco central | Státní Banka Československá |
Usada en: | ![]()
![]() |
Inflación | 57,9% |
Fonte : | Banco Mundial, 1991[1] |
Subdivisións | |
1/100 | haléř (checo) halier (eslovaco) |
Símbolo monetario | Kčs |
Plural | As linguaxes desta moeda pertencen ós idiomas eslavos, polo cal existen varais formas de construi-lo plural. |
Moedas | |
Moedas de uso frec. | 10, 20, 50 h; 1, 2, 5 Kčs |
Moedas de uso infrec. | 5, 25 h, 3, 10 Kčs |
Billetes | |
Billetes de uso frec.' | 10, 20, 50, 100 Kčs |
Billetes de uso infrec. | 1.000 Kčs |
Impresor | Státní tiskárna cenin (Impresor de Valores Estatais, Praga) |
Sitio web | www.stc.cz |
Ceca | Mincovňa Kremnica (Ceca de Kremnica) |
Sitio web | www.mint.sk |
Esta caixa de información reflicte o último estado desta moeda, antes da súa retirada da circulación, a cal ocorreu o 7 de febreiro de 1993. |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/CZE-1-Republika_Ceskoslovenska-10_Korun_%281919%2C_Provisional_issue%29.jpg/640px-CZE-1-Republika_Ceskoslovenska-10_Korun_%281919%2C_Provisional_issue%29.jpg)
O 8 de febreiro de 1993 foi substituída pola coroa checa e pola coroa eslovaca.
O (último) código ISO 4217 e as abreviaturas locais da coroa eran CSK e Kčs. Unha coroa equivalía a 100 haléřů (en checo, a súa forma en singular é haléř) ou halierov (en eslovaco, a súa forma en singular é: halier). En ambas as linguas, utilizouse a abreviatura "h". A abreviatura púñase detrás do valor numérico.