From Wikipedia, the free encyclopedia
Red Bull Racing, tamén coñecido como Red Bull ou RBR que compite como Oracle Red Bull Racing, é un equipo de carreiras de fórmula 1, baixo unha Licenza austríaca e con sede no Reino Unido. É un dos dous equipos de Fórmula Un propiedade da empresa de bebidas Red Bull GmbH, o outro Scuderia AlphaTauri (anteriormente Scuderia Toro Rosso). O equipo de Red Bull Racing foi xestionado por Christian Horner desde a súa formación en 2005.[5] Red Bull adquiriu a escudería Jaguar Racing en preto de 110 millóns de dólares, cando a casa matriz deste equipo, Ford Motor Company, anunciou a súa retirada da máxima categoría do automobilismo.
Nome completo | Oracle Red Bull Racing[1][2] |
---|---|
Bandeira coa que compite | Austria |
Base en | Milton Keynes, Buckinghamshire, Reino Unido |
Xefe de Equipo | Christian Horner (Director de equipo) |
Director Técnico | Pierre Waché (Director técnico) |
Pilotos | 1. Max Verstappen 11. Sergio Pérez |
Pilotos de probas | Liam Lawson[3] |
Chasis | RB20[4] |
Motor | Honda RBPTH002 |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Gran Premio de Australia de 2005 |
Carreiras | 388 (387 saídas) |
Campionatos de Construtores | 6 (2010, 2011, 2012, 2013, 2022, 2023) |
Campionatos de Pilotos | 7 (2010, 2011, 2012, 2013, 2021, 2022, 2023) |
Vitorias | 120 |
Pole positions | 103 |
Voltas Rápidas | 98 |
Puntos totais | |
Posición no campionato | 2º (475 ptos.) |
Red Bull utilizou motores Cosworth en 2005 e Ferrari en 2006. O equipo usou motores subministrados por Renault entre 2007 e 2018 (de 2016 a 2018, o motor Renault chamouse "TAG HEUER" despois da ruptura da relación entre Red Bull e Renault en 2015).[6][7] Durante esta asociación, gañaron catro títulos de campionato de pilotos e construtores sucesivos de 2010 a 2013, converténdose no primeiro equipo austríaco en gañar un título.[8] O equipo comezou a usar motores Honda en 2019.[9] A asociación con Honda Partnership culminou en 2021 tras a vitoria do Campionato Mundial de pilotos de Max Verstappen, Verstappen tamén gañou o campionato no 2022. Honda deixou o deporte oficialmente despois de 2021, pero continuará a subministrar motores completos do Xapón ao equipo baixo a marca Red Bull Powertrains ata o final do 2025.[10]
O actual equipo Red Bull remonta as súas orixes ao Stewart Grand Prix escudería que fixo o seu debut en 1997. Jackie Stewart vendeu o seu equipo á Ford Motor Company a fins de 1999, e Ford tomou a decisión de renomear o equipo como Jaguar Racing, con escaso éxito nos seguintes 5 anos.
Por mor dos decepcionantes resultados obtidos polo equipo, a Ford anunciou a súa venda en setembro de 2004. Red Bull, unha compañía de bebidas enerxéticas, acordou a compra de Jaguar Racing no último día da venda, o 15 de novembro de 2004. Ford informou que pediu aos licitadores un simbólico dólar dos Estados Unidos a cambio do compromiso de investir 400 millóns de dólares dos Estados Unidos no equipo durante as tres tempadas seguintes.
Red Bull Racing non foi o comezo da participación de Red Bull nas carreiras. A creación dun equipo propio de Fórmula 1 significou que Red Bull puxera fin á súa asociación a longo prazo co equipo Sauber. A empresa de bebidas tamén executou un programa de novos pilotos, Red Bull Junior Team, polo que Red Bull patrocina prometedores pilotos novos. Os condutores de alto perfil que recibiron este apoio inclúen a Enrique Bernoldi, Christian Klien, Patrick Friesacher, Vitantonio Liuzzi e Scott Speed. Red Bull tamén patrocina moitos pilotos e equipos que compiten na GP2 Series.
Red Bull Racing foi un dos únicos catro equipos (os outros son Ferrari, Midland F1 e WilliamsF1) que asinaron o Acordo da Concordia a partir de 2008, garantindo a súa participación a longo prazo na Fórmula 1.
O dono de Red Bull, Dietrich Mateschitz, tentou ao seu compatriota austríaco Gerhard Berger (expiloto da categoría, e director de BMW Motorsport) para que pasase a dirixir a nova escudería. Con todo, isto nunca se realizou. Para 2005, o chasis bautizouse como RB1. Red Bull Racing utilizou motores Cosworth no seu ano inaugural debido á facilidade de continuar co motor utilizado por Jaguar Racing.
O antigo piloto de McLaren David Coulthard liderou o equipo. Coulthard foi elixido pola súa experiencia, considerado como o ideal para axudar a liderar o equipo en cernes. Para o segundo coche, Red Bull compartiu a unidade entre dous dos seus novos pilotos patrocinados: Christian Klien, que pilotara para Jaguar en 2004 e o campión da F3000 Vitantonio Liuzzi. Nun principio anunciouse que Klien e Liuzzi alternaríanse para pilotar cada catro carreiras, pero ao final da tempada Liuzzi aparecera só en catro ocasións.
O primeiro ano de Red Bull na Fórmula 1 foi un éxito en comparación cos seus predecesores, Jaguar Racing. Foron 6º no Campionato de Construtores da tempada, só superados pola rápida mellora de BAR Honda ao final da tempada. Nunha soa tempada acumularon máis puntos que Jaguar en 2003 e 2004. Coulthard, logo dun pobre 2003 e 2004 con McLaren, foi unha revelación para o equipo, mentres que Klien demostrou que mellorara enormemente desde 2004. Anotaron 34 puntos, 24 de Coulthard, 9 de Klien e 1 de Liuzzi.
O piloto americano Scott Speed, que emerxeu das filas do equivalente americano de Red Bull Junior Team, Red Bull Driver Search, foi o terceiro piloto de Red Bull Racing en 2005 para os grandes premios do Canadá e dos Estados Unidos. Speed era atractivo para Red Bull debido á súa nacionalidade estadounidense, o que promocionaría a Red Bull e a Fórmula Un nos Estados Unidos, un mercado onde tradicionalmente o deporte loitou para ter máis impacto.
O 23 de abril de 2005, o equipo anunciou un acordo para utilizar motores Ferrari en 2006. Isto coincidiu cun cambio de regras que obrigaban ao uso do motor V8, polo que é probable que ámbolos dous Red Bull Racing e Ferrari utilizaran a mesma especificación do motor. Red Bull Racing continuou usando pneumáticos Michelin, en lugar dos Bridgestone usados por Ferrari.
O 28 de maio de 2006 consegue o seu primeiro podio da historia ao acabar David Coulthard en terceiro lugar no Gran Premio de Mónaco de 2006.
O equipo terminou sétimo no Campionato de Construtores, con 16 puntos. David Coulthard (14 pts) terminou na 13ª posición na clasificación de pilotos, e Klien (2 pts) clasificouse na 18ª posición. O substituto de Klien, Robert Doornbos, non puido anotar ningún punto.
2007 viu o debut de Adrian Newey como deseñador do RB3. Logo de longas discusións sobre a obriga de seguir utilizando os motores Ferrari para 2007, o equipo anunciou o 31 de agosto de 2006, que se utilizarían os motores de Renault para a tempada 2007, o contrato con Ferrari pásase á Scuderia Toro Rosso.
O equipo anunciou o 7 de agosto de 2006 que asinara con Mark Webber para pilotar xunto a David Coulthard na tempada 2007, en substitución de Christian Klien, que puxo fin á súa asociación co equipo. Klien foi substituído por Robert Doornbos nas tres últimas carreiras de 2006.
Red Bull Racing reforzou o seu departamento técnico mediante a contratación de Geoff Willis como director técnico o 17 de xullo de 2007.
O equipo terminou quinto no Campionato de Construtores, con 24 puntos.
Red Bull continuou cos mesmos pilotos en 2008 e tivo os números 9 e 10 nos seus coches logo de terminar quinto no campionato de construtores 2007. Red Bull presenta o RB4 no circuíto de Xerez o 16 de xaneiro e anunciou que Sébastien Buemi sería o seu piloto de probas e reserva para o ano 2008.
O equipo terminou sétimo no Campionato de Construtores, con 29 puntos. David Coulthard (8 pts) terminou na 16ª posición na clasificación de pilotos, e Webber (21 pts) clasificouse na 11ª posición.
Red Bull Racing presentou o seu novo chasis RB5 o 8 de febreiro por medio dun vídeo en 3D narrado por Sebastian Vettel. O lanzamento físico do vehículo levouse a cabo ao día seguinte. O equipo asegurou a súa primeira pole position no GP de F1 da China con Sebastian Vettel, marcando o mellor tempo con só unha volta de clasificación na Q3. Mark Webber cualificou en terceira posición na grella. . Ao día seguinte, Vettel gañou, e Webber foi segundo.
Vettel terminou segundo no campionato de pilotos con 84 puntos, 11 por detrás de Jenson Button. Mark Webber terminou en cuarto lugar con 69´5 puntos. O equipo tamén terminou segundo no Campionato de Construtores con 153´.5 puntos, 18´5 puntos por detrás de Brawn GP.
Para a tempada 2010, o equipo mantivo tanto a Mark Webber como a Sebastian Vettel, con Renault como provedor de motores para Red Bull Racing. O chasis RB6 demostrou ser o mellor coche da grella , cunha vantaxe notable sobre os McLaren e Ferrari.
Na última carreira en Abu Dhabi, Sebastian Vettel gañou a carreira e o Campionato de Pilotos de Fórmula 1. Red Bull terminou o ano cun total de 9 vitorias en Grandes Premios con cinco de Sebastian Vettel e catro de Mark Webber. Red Bull acadou un total de 15 pole positions 10 de Vettel e cinco de Webber. O equipo anotou seis voltas rápidas tres anotadas por Vettel e tres anotadas por Webber.
Tanto Sebastian Vettel como Mark Webber seguiron como pilotos do equipo na tempada de Fórmula Un de 2011, así como co provedor de motores Renault.[11][12][13] Vettel defendía o seu título mundial, converténdose no noveno piloto en facelo, logo de gañar once carreiras na tempada, tamén logrou 15 poles na tempada, rompendo o rexistro que tiña Nigel Mansell desde a tempada de 1992. Webber terminou en terceira posición no campionato, acadando unha vitoria na última carreira da tempada en Brasil. O equipo tamén revalidou o seu título de construtores, xa que terminou a tempada con 650 puntos no Campionato de Construtores, con 153 puntos de vantaxe sobre o equipo máis próximo, McLaren.
Sebastian Vettel e Mark Webber seguiron como pilotos do equipo na tempada de Fórmula Un de 2012, así como co provedor de motores Renault. Vettel logrou o seu terceiro título mundial, Webber terminou en sexta posición no campionato. O equipo tamén revalidou o seu título de construtores, terminou a tempada con 460 puntos no Campionato de Construtores, con 60 puntos de vantaxe sobre o equipo máis próximo, Ferrari.
Para a tempada 2013, Red Bull seguirá cos pilotos Sebastian Vettel e Mark Webber por quinta tempada consecutiva. Como en 2012, Webber asinouse contrato por só ano, mentres que Vettel continúa o seu actual acordo de varios anos.[14] Vettel logrou o seu cuarto título mundial, Webber terminou en terceira posición no campionato. O equipo tamén revalidou o seu título de construtores, terminou a tempada con 596 puntos no Campionato de Construtores, con 236 puntos de vantaxe sobre o equipo máis próximo, Mercedes.
Infiniti Red Bull iniciara a tempada co actual Campión do Mundo de Sebastian Vettel e Daniel Ricciardo que substitúe a Mark Webber, quen anunciou en 2013 que ía estar en estar en Porsche AG no Campionato do Mundo de Resistencia en 2014.[15][16]
Daniel Ricciardo continuou unha segunda tempada co equipo. Mentres tanto, no pasado Gran Premio xaponés, o equipo anunciou que Vettel deixaría o equipo ao final da tempada 2014. Foi substituído por Daniil Kvyat en 2015, que pasou unha tempada co equipo Toro Rosso en 2014.[17]
Para o 2016, usou os motores Renault baixo a nome de TAG Heuer.[18]| O equipo anunciou o 17 de marzo de 2016, un día antes da fin de semana do Gran Premio de Australia de 2016, que formaran unha nova asociación tecnolóxica con Aston Martin, para a nova tempada.[19]
No Gran Premio da China de 2016, Red Bull logrou o seu primeiro podio da tempada con Daniil Kvyat terminando terceiro detrás de Sebastian Vettel e Nico Rosberg.
Daniil Kvyat e Max Verstappen intercambiaron asentos antes do Gran Premio de España de 2016, con Verstappen promovido a Red Bull Racing e Kvyat regresando a Toro Rosso.[20] Verstappen finalmente gañou o Gran Premio de España, converténdose no gañador máis novo dun Gran Premio da historia.
2016 en xeral foi unha tempada moito máis forte para Red Bull Racing que o 2015, especialmente despois de que Max Verstappen substituíra a Daniil Kvyat. Isto foi en gran parte porque Daniel Ricciardo foi empuxado moito máis por Verstappen que por Kvyat, Ricciardo afirmou que aprendeu das técnicas de condución de Verstappen co fin de mellorar como piloto.[21] Red Bull lograría podios con Max Verstappen en Austria e Silverstone con Daniel Ricciardo en Mónaco, Budapest e en Singapur, e con ambos Verstappen e Ricciardo nos podios de Alemña e Malaisia. Daniel Ricciardo logrou a 4ª vitoria da súa carreira en Malaisia despois dun fallo do motor de Lewis Hamilton. Verstappen loitara pola vitoria pero foi comprometido debido a un incidente no comezo entre Sebastian Vettel e Nico Rosberg levando a Verstappen a referirse a Vettel como "tolo".[22] Este incidente foi o último surxido entre Vettel e Max Verstappen. Despois de que os dous discreparan sobre unha colisión na primeira curva do Gran Premio de Bélxica de 2016 que provocou que Max non puntuara na carreira na que comezou na primeira fila, e cun gran número de afeccionados holandeses que viaxaran para velo na carreira.[23]
Cara ao final do Gran Premio do Brasil de 2016, Verstappen caeu a 14º posición logo de cambiar de novo aos pneumáticos de augas. A continuación, gañou uns incribles 11 lugares nas últimas 16 voltas terminando terceiro no podio.
Rede Bull Racing terminou segundo no Campionato de Construtores dese ano, con Daniel Ricciardo logrando a terceira posición no Campionato de Pilotos.[24]
En 2017, Red Bull Racing mantivo aos seus pilotos de 2016 e continuou empregando motores Renault da marca TAG Heuer. Na primeira carreira en Australia, Ricciardo retirouse na volta 25, nunha fin de semana chea de problemas, mentres que Verstappen terminou no 5º lugar.
Verstappen sufriu varios problemas de fiabilidade co coche, sufriu tres retiradas debido ao motor e unha vez por un problema eléctrico no Gran Premio do Canadá de 2017. Tamén estivo implicado en tres colisións na primeira volta que remataron na retirada.
O equipo gañou tres carreiras en 2017, Ricciardo gañou no Gran Premio de Acerbaixán de 2017 despois de comezar o décimo, mentres que Verstappen gañou en Malaisia e México. Ademais, Verstappen e Ricciardo remataron segundo e terceiro no Gran Premio do Xapón de 2017. No Campionato de Pilotos, Ricciardo terminou quinto con 200 puntos e Verstappen sexto con 168 puntos. O equipo rematou terceiro no Campionato de Construtores con 368 puntos.
Ricciardo e Verstappen foron retidos polo equipo para a tempada 2018. O 25 de setembro de 2017, anunciouse que Aston Martin se convertería no patrocinador do nome de Red Bull Racing a partir do 2018.[25]
O equipo sufriu unha dobre retirada no Gran premio de Bahrain de 2018, Ricciardo retirouse na volta 2 cun problema eléctrico, mentres que Verstappen retirouse dúas voltas despois. Ricciardo logrou entón a primeira vitoria do equipo da tempada na seguinte carreira, o Gran premio da China de 2018, xa que comezou sexto na grella. Durante o Gran Premio de acerbaixán de 2018, os dous pilotos estreláronse entre eles na Quenda 1. O equipo logrou un podio con Verstappen, durante o Gran Premio de España de 2018 conseguindo o 3º lugar, mentres que Ricciardo acadou o 5º posto. No Gran Premio de Mónaco de 2018 o Red Bull tiña un coche dominante debido á súa elevada eficacia. Ricciardo anotou a pole position e a vitoria da carreira, pero atopouse cun problema de motor que lle restaba potencia, finalmente gañou. Este incidente volveu acender a mala relación co seu fabricante de motores, Renault. Mentres tanto, Verstappen estrelouse durante a practica libre 3 e partiu 20º na grella, terminando a carreira no 9º lugar, esta carreira tamén puxo fin á racha de Verstappen de estar involucrado nun incidente nas primeiras carreiras. Mónaco foi tamén a última carreira que viu a Daniel Ricciardo no podio con Red Bull, marchou do equipo e uniuse ao rival, Renault. A tempada europea viu podios consistentes e unha boa forma, con Verstappen gañando a carreira en casa de Red Bull no Red Bull Ring durante o Gran Premio de Austria de 2018. A segunda metade da tempada tivo unha boa forma de Verstappen e un bo desenvolvemento do coche, xa que Verstappen anotou 6 de 8 podios posibles, e foi o piloto que máis puntos logrou despois do campión do mundo Lewis Hamilton. Ricciardo tivo unha desafortunada racha de problemas mecánicos e retiradas durante a segunda metade da tempada, fixo 7 retiradas en total e ningún podio. Verstappen gañou o Gran Premio de México despois de que a pole position fose para o seu compañeiro de equipo, logrando as dúas primeiras posicións para red Bull na grella na primeira era na era turbo-híbrida. Verstappen estivo a punto de lograr unha segunda vitoria consecutiva no Gran Premio do Brasil, pero chocou con Esteban Ocon, custándolle a vitoria. Despois da carreira, os pilotos pelexaron entre eles, custoulles 2 días de servizo público, que completaron o 9 de febreiro de 2019.[26] As múltiples retiradas de Ricciardo acabarían custando tanto a el coma a Red Bull puntos clave nos Campionatos de Pilotos e Construtores. Verstappen remataría a tempada de 2018 no 4º posto, a só 3 puntos de detrás de Kimi Räikkönen mentres que Daniel Ricciardo remataría a tempada no 6º lugar, por detrás de Valtteri Bottas. Red Bull remataría a tempada no 3º lugar por detrás de Mercedes e Ferrari.
No Gran Premio de Francia, Red Bull, animado polo avance de Honda co equipo irmán, a Scuderia Toro Rosso, decidiu que en 2019 finalizaría oficialmente a súa relación con Renault para asociarse con Honda.
Antes do 2018 Gran Premio de Francia de 2018 , Red Bull Racing confirmou que utilizarían as unidades de potencia Honda entre 2019 e 2020, asinando un acordo de dous anos e, polo tanto, rematando a súa asociación de doce anos con Renault.[27]
O 3 de agosto de 2018, anunciouse que Ricciardo deixaría o equipo ao final da tempada para unirse Renault, asinando un contrato de dous anos con eles.[28] [[[Pierre Gasly]] foi promovido desde Toro Rosso para substituílo.[29]
O 12 de agosto de 2019, anunciouse que Alexander Albon pasaría a Red Bull Racing durante o resto da tempada, substituíndo a Gasly, que regresou a Toro Rosso.[30]
O equipo mantivo a Max Verstappen e Alex Albon como pilotos titulares para a tempada 2020. Alex Albon anotou o seu primeiro podio de Fórmula Un no Gran Premio de Toscana de 2020 .
En outubro de 2020, o fabricante de motores Honda anunciou que remataría a súa participación oficial na Fórmula Un ao final da tempada 2021.[31] Verstappen renovou contrato para continuar pilotando para o equipo xunto ao experimentado mexicano Sergio Pérez Mendoza converténdose no seu compañeiro de equipo mentres Albon tomou o papel de piloto reserva.[32] Verstappen logrou a pole position na primerira carreira da tempada o Gran Premio de Bahrain. Posteriormente Verstappen foi superado por Sergio Pérez no Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021, pero gañou a carreira e quedou a un só punto por detrás de Lewis Hamilton na clasificación do campionato de pilotos. No Gran Premio de Mónaco, Red Bull Racing tomou o liderado do Campionato de Construtores por primeira vez desde o Gran Premio do Brasil de 2013 como consecuencia doutra vitoria de Verstappen e un pobre resultado de Mercedes. Verstappen tamén tomou o liderado no campionato por primeira vez na súa carreira despois da carreira. No Gran Premio de Acerbaixán Verstappen liderou a maior parte da carreira e parecía listo para gañar antes de reventarlle un pneumático ao final da carreira. Pérez gañou a carreira. Verstappen logrou a pole e gañou as tres seguintes carreiras mentres que Pérez logrou un podio máis en Francia para aumentar a ventaxe do campionato de Red Bull.
En Silverstone, Red Bull foi derrotado na clasificación do venres, pero Verstappen gañou o sprint o sábado para lograr unha 4ª pole consecutiva. Durante a carreira, Hamilton e Verstappen entraron en contacto en Copse Corner, dando lugar a que Verstappen se estrelase e quedase fóra da carreira. En Hungría, os dous Red Bull sufriron graves danos nun accidente na primeira volta provocado polo Mercedes de Valtteri Bottas. Pérez quedou fóra da carreira, Verstappen conseguiu acabar no 9º posto. En Spa Verstappen logrou a pole e gañou unha carreira acortada pola choiva na que se concederon a metade de puntos. En Italia, Hamilton e Verstappen chocaron unha vez máis na chicana de Rettifilo, o que provocou que os dous pilotos se retiraran da carreira e que Verstappen recibise unha penalización de 3 postos na grella para a seguinte carreira os comisarios xulgárono culpable da colisión. No Gran Premio de Abu Zabi, Verstappen logrou a pole position, a súa primeira desde Austin. Asegurou o seu primeiro título mundial e un primeiro campionato para o equipo desde 2013 cun adiantamento a Hamilton na última volta.
O 10 de outubro de 2022, a FIA anunciou que Red Bull era un dos dous equipos que infrinxiran o Regulamento financeiro de 2021 aplicable durante a tempada, e Red Bull cometeu o que se describiu como "unha infracción de procedemento e un gasto financeiro menor (menos do 5 %) do límite de custos)"..[33] O 28 de outubro de 2022, a FIA anunciou que Red Bull asinara un Acordo de Incumprimento Aceptado, en resumo, Red Bull incumpriu 13 puntos do regulamento.[34] O acordo resultou nunha multa de 7 millóns de dólares e unha redución do 10 % da investigación aerodinámica permitida.
Tras a retirada de Honda como entidade oficial despois de 2021, unha conxelación do desenvolvemento de motores impulsada por Red Bull permitiulles asinar un acordo con Honda para usar os seus motores ata finais de 2024.[35][36] Para manter os motores, formaron unha compañía chamada Red Bull Powertrains Limited e asumiron parte das instalacións de Honda en Milton Keynes.[37][38] A pesar da súa retirada, Honda desenvolverá e fabricará unha unidade de potencia para a tempada 2022, que entón utilizarase ata finais de 2024 e ofrecerá a súa asistencia.[39][40] O acordo Honda-Red Bull prorrogouse posteriormente ata 2025.[10][41][42]
A multinacional estadounidense de software Oracle converteuse no patrocinador principal do equipo para a tempada.[43][44]
O 27 de xullo, en Marrocos, publicouse a información oficial sobre a aprobación dunha solicitude presentada conxuntamente por Porsche e Red Bull GmbH na que Porsche adquiriu o 50% das accións de Red Bull Technology, a empresa matriz de Red Bull Racing e o seu programa de Fórmula Un. Esta solicitude tivo que ser presentada ante as autoridades antimonopolio de ata 20 países, incluso fóra da Unión Europea. O comunicado de prensa debía saír para o GP de Austria, pero a FIA non aprobou o regulamento dos motores de 2026 antes do 29 de xuño tal e como estaba previsto, atrasando a confirmación oficial da entrada de Porsche na Fórmula Un.[45]
Non obstante, tras meses de especulacións, Porsche AG confirmou en setembro que as conversacións con Red Bull GmbH non continuarían. A intención era acadar unha asociación de motor e equipo, baseada en igualdade de condicións pero as negociacións nunca chegaron a bo porto.[46]
Max Verstappen conseguiu o sexto Campionato do Mundo de Pilotos para o equipo no Gran Premio do Xapón, dominando gran parte da tempada gañando 15 de 22 carreiras.[47] Despois gañou o Gran Premio dos Estados Unidos para conseguir o Campionato do Mundo de Construtores para Red Bull, o seu quinto na historia e o primeiro desde 2013.[48]
Red Bull Racing mantivo a súa formación de 2022, o campión do mundo Max Verstappen e o seu compañeiro de equipo Sergio Pérez, para a tempada 2023. Inmediatamente, o RB19 estivo en ritmo, superando a todos os outros equipos durante as probas de pretempada.[49][50][51] Este ritmo confirmouse na primeira carreira en Bahrain, cando Verstappen, que conseguiu unha cómoda pole position e gañou a carreira, a primeira de moitas durante 2023. O seu compañeiro de equipo Pérez gañaría dúas carreiras durante a tempada, acadando a vitoria en Arabia Saudita e no Gran Premio de Acerbaixán de 2023. A única carreira que Red Bull non gañou durante a tempada de 2023 foi en Singapur, onde Verstappen e Pérez terminaron quinto e oitavo respectivamente. O antigo compañeiro de equipo de Verstappen na Toro Rosso Carlos Sainz levaría a vitoria en Marina Bay.
Red Bull mantívose consistente durante toda a tempada, conseguindo o Campionato de Construtores despois do triunfo de Max Verstappen no Gran Premio de Xapón. Despois conseguiría o Campionato de Pilotos no seguinte Gran Premio de Qatar, coa súa vitoria no Gran Premio de Abu Zabi marcando a culminación dun das tempadas máis exitosas de Red Bull na Fórmula Un ata a data. Tras o éxito do RB18 do ano anterior, o RB19, tamén deseñado por Adrian Newey, foi sinalado como un dos coches máis dominantes na historia da Fórmula Un. O RB19 gañou 21 das 22 carreiras da tempada, cunha taxa de vitorias do 95,45 %, superando ao McLaren MP4/4, outro coche propulsado por Honda cunha alta taxa de vitorias. O MP4/4 gañara 15 de 16 carreiras na tempada 1988 cunha taxa de vitorias do 93,8%, a única carreira que non gañou foi o Gran Premio de Italia de 1988, que, como o Gran Premio de Singapur de 2023, foi gañado por Ferrari.
Gañando o Gran Premio de Hungría de 2023, a duodécima carreira consecutiva que gañou Red Bull, estableceu o récord de máis vitorias consecutivas por un construtor, superando o récord de once que tiña McLaren desde o Gran Premio de Bélxica de 1988.[52] A racha ampliouse posteriormente a quince, con vitorias nos Grandes Premios de Bélxica, Países Baixos e Italia. Ademais, Verstappen converteuse no primeiro piloto en superar as 1.000 voltas lideradas nunha única tempada, e converteuse no único piloto que completou todas as voltas de carreiras na tempada 2023.[53]
No outono de 2005, Red Bull anunciou que comprara o equipo Minardi de Fórmula Un con problemas de liquidez, que sería coñecido como Scuderia Toro Rosso (en italiano, Equipo Red Bull) a partir de 2006 . A Scuderia Toro Rosso (STR) funciona como un equipo independente, pero ambos comparten certos recursos técnicos. En 2006 STR utilizou un chasis baseado no chasis Red Bull Racing Red Bull RB1 de 2005, orixinalmente deseñado por Jaguar Racing, e a subministración contratada por Minardi de motores Cosworth V10 de revolucións limitadas. Especulouse que o chasis de 2007 para ambos equipos era esencialmente o mesmo deseño de Adrian Newey, aínda que Red Bull tivo coidado ao anunciar que o "STR2 construírao Red Bull Technology, e que Toro Rosso era o propietario da totalidade dos dereitos intelectuais do coche".[54] Os equipos de Fórmula Un non poden usar chasis doutro equipo. STR utilizouse como equipo "B" de Red Bull Racing, permitindo á compañía traballar con máis pilotos. A partir da tempada 2010, este arranxo ilegalizouse e o STR5 foi o primeiro coche de Toro Rosso deseñado e construído internamente.[55]
En 2006, o piloto de Red Bull Racing Vitantonio Liuzzi acadou un asento a tempo completo na Scuderia Toro Rosso xunto a outro piloto patrocinado por Red Bull, Scott Speed. Liuzzi mantivo o seu asento en STR para a tempada 2007. Sebastian Vettel substituíu a Speed a mediados da tempada de 2007, e Sébastien Bourdais substituíu a Liuzzi na STR para a tempada 2008. Contra as expectativas, Toro Rosso desenvolveuse ben durante a tempada de 2008 e Sebastian Vettel gañou o Gran Premio de Italia de 2008. Isto significou que Toro Rosso logrou a súa primeira vitoria antes que Red Bull Racing, e axudou a asegurar a Vettel unha unidade con Red Bull Racing para 2009, cando tamén logrou a primeira vitoria deste equipo. Para 2020, o equipo rebautizouse como Scuderia AlphaTauri, a marca de moda de Red Bull logrou a súa primeira vitoria nun Gran Premio co novo nome no Gran Premio de Italia de 2020. A carreira foi a primeira vitoria nas carreiras de Pierre Gasly e a primeira para un piloto francés desde que Olivier Panis gañou o Gran Premio de Mónaco de 1996 24 anos antes.
Como construtor, Red Bull Racing conseguiu as seguintes estatísticas:
(O texto en letra grosa indica vitoria no campionato do mundo.)
Ano | Nome | Coche | Motor | Pneum. | Nº | Pilotos | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | Red Bull Racing | RB1 | Cosworth TJ2005 3.0 V10 | M | 14. 15. 15. |
David Coulthard Christian Klien Vitantonio Liuzzi |
34 | 7º |
2006 | Red Bull Racing | RB2 | Ferrari 056 2.4 V8 | M | 14. 15. 15. |
David Coulthard Christian Klien Robert Doornbos |
16 | 7º |
2007 | Red Bull Racing | RB3 | Renault RS27 2.4 V8 | B | 14. 15. |
David Coulthard Mark Webber |
24 | 5º |
2008 | Red Bull Racing | RB4 | Renault RS27 2.4 V8 | B | 9. 10. |
David Coulthard Mark Webber |
29 | 7º |
2009 | Red Bull Racing | RB5 | Renault RS27 2.4 V8 | B | 14. 15. |
Mark Webber Sebastian Vettel |
153.5 | 2º |
2010 | Red Bull Racing | RB6 | Renault RS27-2010 2.4 V8 | B | 5. 6. |
Sebastian Vettel Mark Webber |
498 | 1º |
2011 | Red Bull Racing | RB7 | Renault RS27-2011 2.4 V8 | P | 1. 2. |
Sebastian Vettel Mark Webber |
650 | 1º |
2012 | Red Bull Racing | RB8 | Renault RS27-2012 2.4 V8 | P | 1. 2. |
Sebastian Vettel Mark Webber |
460 | 1º |
2013 | Infiniti Red Bull Racing | RB9 | Renault RS27-2013 2.4 V8 | P | 1. 2. |
Sebastian Vettel Mark Webber |
596 | 1º |
2014 | Infiniti Red Bull Racing | RB10 | Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t | P | 1. 3. |
Sebastian Vettel Daniel Ricciardo |
405 | 2º |
2015 | Infiniti Red Bull Racing | RB11 | Renault Energy F1-2015 1.6 V6 t | P | 3. 26. |
Daniel Ricciardo Daniil Kvyat |
187 | 4º |
2016 | Red Bull Racing | RB12 | TAG Heuer 1.6 V6 t | P | 3. 26. 33. |
Daniel Ricciardo Daniil Kvyat Max Verstappen |
468 | 2º |
2017 | Red Bull Racing | RB13 | TAG Heuer 1.6 V6 t | P | 3. 33. |
Daniel Ricciardo Max Verstappen |
368 | 3º |
2018 | Aston Martin Red Bull Racing | RB14 | TAG Heuer 1.6 V6 t | P | 3. 33. |
Daniel Ricciardo Max Verstappen |
419 | 3º |
2019 | Aston Martin Red Bull Racing | RB15 | Honda RA619H 1.6 V6 t | P | 10. 23. 33. |
Pierre Gasly Alexander Albon Max Verstappen |
417 | 3º |
2020 | Aston Martin Red Bull Racing | RB16 | Honda RA620H 1.6 V6 t | P | 23. 33. |
Alexander Albon Max Verstappen |
319 | 2º |
2021 | Red Bull Racing Honda | RB16B | Honda RA621H 1.6 V6 t | P | 11. 33. |
Sergio Pérez Max Verstappen |
585´5 | 2º |
2022 | Red Bull Racing | RB18 | Red Bull RBPTH001 1.6 V6 t | P | 1. 11. |
Max Verstappen Sergio Pérez |
359 | 1º |
2023 | Red Bull Racing | RB19 | Honda RBPTH001 1.6 V6 t | P | 1. 11. |
Max Verstappen Sergio Pérez |
861 | 1º |
2024 | Red Bull Racing | RB20 | Honda RBPTH002 1.6 V6 t | P | 1. 11. |
Max Verstappen Sergio Pérez |
475 | 2º |
Fonte:[56] |
* Tempada disputándose.
A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Red Bull na Fórmula 1.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.