O Rauman Lukko é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Rauma (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga (a máxima competición do hóckey sobre xeo finlandés), competición que gañou nunha ocasión en 1963, antes de que adoptara a denominación actual. O equipo foi fundado en 1936 e xoga os seus encontros como local no Äijänsuo Arena, un pavillón con capacidade para 5.400 espectadores.
Oiva Helimo, quen levou as primeiras equipacións da modalidade a Rauma dende Loimaa, é considerado o pai do hóckey sobre xeo en Rauma. En 1946 Helimo invitou á exente a provar o novo deporte no xeo do estanque ao lado do serradoiro.[2]
Na tempada 1962-63 chegou o maior logro da historia do club cando o equipo de Rauma se proclamou campión do campionato finlandés, a SM-sarja, con tan só un punto máis que Tappara, que finalizou segundo. Este triunfo supuxo ademais o punto e final de seis anos consecutivos de dominio do campionato por parte dos dous grandes equipos de Tampere: Ilves (4 títulos nese período) e o propio Tappara (2 títulos neses seis anos).[3] Lukko alzouse co trofeo logo de derrotar a Tappara no derradeiro partido, disputado o 23 de febreiro, ante 7820 espectadores. Rauma fora un equipo tradicionalmente feble na portería, problema que solucionaron coa chegada do ex xogador de SaiPaRisto Kaitala, sendo esa tempada ademais o equipo menos goleado do campionato.[4]
Lukko ten retirado os seguintes sete números ao longo da súa historia. O número catro foi retirado en honor a dous xogadores do equipo, Teppo Rastio e Jouni Peltonen:[5]
Durante anos o club contou cun equipo feminino que chegou competir na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. O Lukko oficializou o seu equipo feminino na tempada 1997-98 ao inscribilo para as eliminatorias de I-divisioona.[6] Con todo, o 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras.[7]
A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Lukko gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1963 e 2021.[8]
3 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1961, 1966 e 1988.[5]
6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014.[5]
Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e da seleccionador masculinoAarne Honkavaara. Un total de catro xogadores de Lukko recibiron este galardón, todos eles cun galardón na súa carreira no equipo de Rauma:[8]
Pentti Jokinen: 1963
Jouni Rinne: 1976
Juha Riihijärvi: 1996
Pasi Saarela: 2005
Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor ao xogador de Ilves Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, dous xogadores de Lukko fixéronse co galardón:[8]
Janne Grönvall: 1991
Joni Lehto: 1995
Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Tan só un adestrador de Lukko conseguiu o galardón ao longo da historia do equipo:[8]
Pekka Virta: 2021
Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome de Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, Tres xogadores de Lukko gañaron o trofeo.[8]
Juha Riihijärvi: 1996
Justin Danforth: 2020
Robin Press: 2021
Trofeo Jari Kurri: entregado anualmente ao mellor xogador durante os play-offs. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e leva o nome do ex xogador Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia. Tan só un xogador de Lukko recibiu o gallardón:[8]
Eetu Koivistoinen: 2021
Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Tan só un xogador do equipo recibiu o galardón dende a súa introdución:[8]
Robin Press: 2021
Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de Ilves e da selección nacional. Dous xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo:[8]
Teppo Rastio: 1956
Jari Laiho: 1980
Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Catro porteiros do equipo teñen alzado o trofeo:[8]
Jarmo Myllys: 1988
Petr Bříza: 1992
Boris Rousson: 1995
Lassi Lehtinen: 2021
Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de catro xogadores de Lukko conseguiron o galardón:[8]
Juha Riihijärvi: 1996
Perttu Lindgren: 2011
Ville Vahalahti: 2014
Justin Danforth: 2020
Trofeo Matti Keinonen: outorgado cada ano dende 1978 ao xogador máis efectivo (xogador co mellor rexistro plus/minus). . Recibe o nome do ex xogador e membro do Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés Matti Keinonen. [8]
Harri Tikkanen: 2010
Anrei Hakulinen: 2021
Trofeos da Asociación de Xogadores
Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Lukko conseguiron este recoñecemento:[9]
Jarmo Myllys: 1988
Juha Riihijärvi: 1996
Justin Danforth: 2020
Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en PoriJuha Rantasila. Dous xogadores do equipo conseguiron o galardón:[9]