especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia
O rapante común[1][2][3], tamén chamado rapante[4][5] ou meiga[6], ( Lepidorhombus whiffiagonis, Walbaum 1792) ) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos,[7]
Rapante común Lepidorhombus whiffiagonis | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Lepidorhombus whiffiagonis (Walbaum, 1792) |
A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes whiffiagonis,[7] na súa edición da obra de Peter Artedi Petri Artedi sueci genera piscium in quibus systema totum ichthyologiae proponitur cum classibus, ordinibus, generum characteribus, specierum differentiis, observationibus plurimis: redactis speciebus 242 ad genera 52: Ichthyologiae pars 3. Ant. Ferdin. Röse: Grypeswaldiae.
(Ampliación da terceira parte da Ichthyologiae de Artedi, orixinalmente editada por C. Linnaeus.)
Ao longo do tempo, ademais de polo nome orixinario citado, esta especie foi coñecida polos seguintes sinónimos:[7]
As principais características morfolóxicas de Lepidorhombus whiffiagonis son:[2]
Distribúese polo Atlántico nororiental, desde Islandia e o noroeste de Noruega até o sur do cabo Bojador (26° N), Sáhara Occidental e as illas Azores, e polo Mediterráneo, sendo máis abundante no sur de Noruega, costas occidentais das illas Británicas e Francia, e as da Península Ibérica, até o cabo da Roca.[8][9]
Vive sobre fondos areosos ou mixtos, de 50 a 500 m de profundidade, aínda que ás veces pódese encontrar nadando libremente. É raro velo preto da beiramar.[2][8]
Aliméntase de pequenos peixes bentónicos, moluscos e crustáceos.[2][8]
Desova en augas profundas de Islandia e o oeste das illas Británicas, desde marzo a xuño. Os ovos, de 1 mm de diámetro, elosionan ao cabo dunha semana. As larvas son peláxicas, e os novos van descendendo cara ao fondo cando acadan os 20 mm de lonxitude.[8]
A primeira cita desta especie en Galicia débese a De Buen, no seu traballo de 1935 "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos. II parte!, Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 1-89.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.