Provincia da Coruña

provincia galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincia da Coruñamap

A Coruña[1] é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da Península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaProvincia da Coruña
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 43°22′N 8°24′O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia Editar o valor en Wikidata
CapitalA Coruña Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.120.134 (2021) Editar o valor en Wikidata (140,9 hab./km²)
Xeografía
Superficie7.950 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altopico Pilar (802,9 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDeputación da Coruña Editar o valor en Wikidata
 Presidente da Deputación da Coruña Editar o valor en WikidataValentín González Formoso (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-C Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES111 Editar o valor en Wikidata
Código INE15 Editar o valor en Wikidata

Páxina webwww1.dicoruna.es Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 211302
Pechar

Xeografía

Thumb
A Coruña por Francisco Coello, 1865.
Thumb
Cantís en Teixido, no concello de Cedeira.

A provincia ten unha superficie de 7.950 km².

Pódese acceder a ela por estrada pola autovía A-6, procedente de Lugo, Castela e León e Madrid, pola autoestrada AP-9, que une a capital da provincia con Ferrol e Santiago de Compostela, prolongándose ata as cidades de Pontevedra e Vigo, ambas na provincia de Pontevedra. Tamén se pode acceder á provincia coa autovía AG-64 procedente de Vilalba (na Terra Chá, Lugo), onde enlaza coa A-8 que se prolonga ata Asturias, Cantabria e o País Vasco.

Por ferrocarril, son catro as liñas que chegan. Tres delas son de RENFE: Dúas veñen de Castela e León. Unha vén de León e entra a Galiza por Monforte de Lemos, e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de Zamora, entra a Galiza por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña (liña dobre AVE e mercadorías electrificada). A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une Vigo coa Coruña. Por outro lado, FEVE ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a ría de Ribadeo, desde Asturias, acabando en Ferrol estación á que tamén chega RENFE.

Por aire, son dúas as portas de entrada: o aeroporto da Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, e o aeroporto de Alvedro, xunto á cidade da Coruña.

Por mar, os dous principais portos son o porto da Coruña e o porto de Ferrol; ambos reciben habitualmente buques de pasaxeiros.

Ríos

Thumb
Fervenza do Ézaro.
Thumb
Fragas do Eume.

Os principais ríos da provincia son:

Rías e praias

Thumb
Ría de Arousa

As principais rías da provincia son:

A provincia da Coruña ten 49 praias con bandeira azul das 128 que hai en toda Galiza[2].

Clima

A provincia ten un clima oceánico, caracterizado por ser temperado e húmido. A choivas son abundantes, sobre todo no inverno. Ten estacións suaves, cunha temperatura media en inverno de 10 °C e de 20 °C en verán.

Poboación

Segundo o IGE, en 2020 vivían na provincia da Coruña 1 121 815 persoas, das que 411 012 o facían nalgunha das tres grandes urbes da provincia (A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol).

Máis información Comarcas e concellos da provincia da Coruña, Concellos máis poboados (2020) ...
Pechar


Durante todo o século XX a poboación da provincia non deixou de medrar manténdose dende finais do século XX e no prinicio do XXI superando o millón de habitantes.

Patrimonio

Thumb
Catedral de Santiago.

As maiores atraccións culturais e turísticas da provincia son a Catedral de Santiago de Compostela e a Torre de Hércules ambos monumentos declarados patrimonio da humanidade pola Unesco.

Algúns dos museos da provincia da Coruña:

Universidades

Na provincia hai dúas universidades, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, amais dos centros asociados da UNED.

Economía

Thumb
Obras, Porto Exterior da Coruña abril 2009.

Na provincia da Coruña teñen a súa sede as seguintes empresas:

Enerxía

Entre os concellos de Arteixo e A Coruña está a única refinaría que hai en Galiza. A Refinaría da Coruña de Repsol ten capacidade para refinar 180.000 barrís diarios. Na provincia hai máis dun xiga vatio de potencia enerxética en parques eólicos. Hai dúas centrais térmicas de carbón para producir electricidade. Unha é a Central térmica das Pontes con 1.400 mega vatios de potencia e a outra a Central térmica de Meirama de 563 mega vatios, as dúas queimando carbón de importación. Á capacidade eléctrica súmase nos últimos anos dúas plantas de ciclo combinado (gas-vapor). Unha nas Pontes con 800 mega vatios de potencia e outra en Sabón de 400 mega vatios xunto á térmica de fuel oil de 480 mega vatios. Na ría de Ferrol está a planta regasificadora de Reganosa. Súmase a potencia hidráulica dos encoros da provincia.

Portos e aeroportos

A provincia ten dous aeroportos, o Aeroporto da Lavacolla e o de Alvedro. Entre os portos destacan o Porto da Coruña e o de Ferrol.

Concellos

Artigo principal: Lista de concellos da Coruña.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.