Remove ads
comarca da provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
A comarca limita ao leste coas comarcas de Betanzos (concellos de Curtis e Vilasantar) e Arzúa (concello de Boimorto), ao sur coa comarca de Arzúa (concello de Arzúa e de O Pino) e Santiago (concello de Santiago de Compostela), ao oeste coa comarca de Santiago (Val do Dubra), Xallas (concello de Santa Comba) e Bergantiños (concello de Coristanco), e ao norte con Bergantiños (concellos de Carballo e A Laracha), coa comarca de A Coruña (concellos de Culleredo, Carral e Abegondo) e coa de Betanzos (concello de Oza-Cesuras)[1]. A comarca ten unha superficie de 755,71 km2.[2]
Practicamente a totalidade da comarca pertence á conca do río Tambre, que conforma o límite meridional da comarca, sendo os ríos Lengüelle, Samo e Maruzo os principais afluentes do Tambre que percorren a comarca de Ordes de norte a sur. Ademais, os territorios situados ao oeste da comarca (parroquias occidentais de Tordoia) pertencen ás concas do Xallas e Anllóns, mentres que o norte dos concellos de Cerceda, Ordes e Mesía verten as súas augas aos ríos Barcés e Mero, que forman a ría da Coruña. As principais masas de auga da comarca son os encoros de Vilasenín e Vilagudín, que achegaban auga ao sistema de refrixeración da central térmica de Meirama, e o lago artificial de As Encrobas, que se formou ao encher con auga a antiga mina de lignito de Meirama[3][4].
A máxima altura da comarca localízase no monte Cerdeira (595 m), en terras do concello de Cerceda.
O clima desta comarca é de temperaturas suaves e con abundantes precipitacións.
Padrón municipal 2020 | 36.237 habitantes[2] |
---|---|
Menores de 15 anos | 4.426 (12,21 %) |
Entre 16 e 64 anos | 22.113 (61,02 %) |
Maiores de 65 anos | 9.698 (26,76 %) |
Concello | N.º de
parroquias |
Habitantes[5] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1981 | 1986 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2011 | 2016 | 2020 | 2022 | ||
Cerceda | 6 | 7.201 | 7.440 | 7.015 | 5.654 | 5.503 | 5.483 | 5.392 | 5.031 | 5.008 | 5.019 |
Frades | 12 | 3.655 | 3.609 | 3.333 | 3.179 | 3.055 | 2.841 | 2.607 | 2.428 | 2.302 | 2.273 |
Mesía | 12 | 4.410 | 4.252 | 3.684 | 3.521 | 3.356 | 3.102 | 2.922 | 2.700 | 2.497 | 2.457 |
Ordes | 13 | 11.076 | 11.842 | 11.704 | 11.893 | 11.938 | 12.294 | 12.948 | 12.669 | 12.625 | 12.589 |
Oroso | 11 | 3.657 | 4.056 | 3.779 | 4.537 | 5.512 | 6.526 | 7.174 | 7.420 | 7.533 | 7.572 |
Tordoia | 10 | 6.220 | 6.096 | 5.847 | 5.334 | 5.029 | 4.548 | 4.168 | 3.522 | 3.259 | 3.192 |
Trazo | 11 | 5.005 | 5.021 | 4.282 | 3.956 | 3.800 | 3.557 | 3.472 | 3.190 | 3.013 | 3.034 |
Total | 75 | 41.224 | 42.316 | 39.644 | 38.074 | 38.193 | 38.351 | 38.683 | 36.960 | 36.237 | 36.136 |
O principal núcleo de poboación da comarca é a vila de Ordes, anda que tamén Sigüeiro, capital do concello de Oroso, supón un importante núcleo de poboacíon no sur da comarca, que fai as veces de cidade dormitorio de Santiago de Compostela. Outros núcleos de poboación que aglutinan algúns servizos locais son Xanceda (Mesía), Ponte Carreira (Frades), Viaño Pequeno e A Brea (Trazo), Pontepedra (Tordoia), A Silva e Cerceda (Cerceda) e Mesón do Vento (Ordes)[Cómpre referencia].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.