Xanceda, Mesía
parroquia civil do concello de Mesía From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Mesía From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
San Salvador de Xanceda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 294 habitantes (147 homes e 147 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha constante diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 389 habitantes, e ao ano 1999, con 407 habitantes.
Xanceda | |
---|---|
Casa do concello. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°04′38″N 8°14′40″O |
Área | 16,33 km² |
Poboación | 294 hab. (2023) |
Densidade | 18 hab./km² |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A capital municipal localízase no lugar do Campo das Mentiras.
A igrexa parroquial de San Salvador de Xanceda data do século XVIII, ten planta en cruz latina. No interior sepárase o presbiterio do resto da construción por un arco de triunfo.
A Casa Grande de Xanceda era unha casa señorial dedicada á explotación agrícola. Foi construída no século XVIII e pertenceu ao Marquesado de San Martiño de Ombreiro. Ten planta en de forma de L e conserva unha pequena torre cadrada. A Casa cumpriu as funcións de concello ata hai uns cincuenta anos.
O castro de Xanceda, no cal se atopou en 1974 o denominado tesouro de Xanceda, que está depositado no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.[2]
Lugares da parroquia de Xanceda no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
Arosa | O Beledo | Os Camiños | O Campo das Mentiras | O Campo | A Casagrande | A Casanova | O Castro | Os Corrillos | O Couto | A Fonte | A Fraga | A Igrexa | Mata | As Pereiras | Pereiruga | Reboredo | Xanceda Vella |