Gadisa
marca galega de supermercados From Wikipedia, the free encyclopedia
Gadisa (Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A.) é un grupo empresarial galego do sector da distribución de alimentos.[2]
GADISA | |
---|---|
![]() | |
![]() Sede Gadisa en Piadela, Betanzos | |
Tipo | Distribuidora |
Fundación | 1985 |
Matriz | Grupo Tojeiro |
Localización | Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos, A Coruña Galicia |
Fundador | Roberto Tojeiro Díaz |
Persoas clave | Roberto Tojeiro Rodríguez |
Industria | Distribución |
Produtos | Alimentación Distribución |
Beneficio | 1 100 millóns de euros (en 2016)[1] |
Número de empregados | 7000 |
Na rede | |
gadisa.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
Fundado en 1985 por Roberto Tojeiro Díaz e presidido por Roberto Tojeiro Rodríguez, ten a súa sede en Piadela, Betanzos. Forman parte do grupo empresas como Reganosa, Intasa, Galparket ou Forestal del Atlántico. Gadisa no ano 2010 tiña unha frota de máis de 200 camións, facturando unha cantidade superior aos 900 millóns de euros.[3] Dá emprego a preto de 7000 traballadores.
Pertencen ao grupo: 204 supermercados Gadis, 10 Gadis Hiper (ata o ano 2012 denominados hipermercados Haley), 151 supermercados Claudio (franquías), 12 almacéns grosistas Cash IFA, o supermercado en-liña Gadisline.com, dúas tendas de delicatessen Casa Claudio, dous centros de distribución en Medina del Campo e Betanzos e outras empresas.
Supermercados Gadis
En 1979 abriu o primeiro baixo a marca ALDI, que en 1995 mudou pola actual. Os máis de 200 supermercados Gadis, especializados en produtos frescos, están distribuídos polas provincias galegas, León, Palencia, Salamanca, Valladolid e Avila.
Un dos slogan publicitarios da marca foi "Vivamos como galegos".[4] creado pola axencia BAP&Conde [5], con sede na Coruña, a campaña gañou un Premio Mestre Mateo no ano 2007.
Galería de imaxes
- Gadis no mercado de Elviña na Coruña.
- Hiper Gadis no Burgo no concello de Culleredo.
- Monoposte publicitario no Gadis do Burgo en Culleredo.
- Gadisa cambiou o deseño das bolsas o Día das Letras Galegas de 2013 para incluír unha imaxe de Roberto Vidal Bolaño e un fragmento das Actas escuras.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.