Primeiro mundo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo Primeiro Mundo fai referencia a aqueles países que lograron un enorme grao de industrialización, e que gozan dos máis altos estándares de vida, posible grazas á riqueza e a tecnoloxía. Existe unha grande correlación entre países con este tipo de status e o feito de que posúan institucións democráticas robustas.
Os termos, Primeiro mundo, segundo mundo e terceiro mundo foron empregados para dividir as nacións do mundo en tres amplas categorías. Os tres termos non xurdiron simultaneamente. Logo da segunda guerra mundial, a xente comezou a falar da OTAN e o Pacto de Varsovia como dous bloques principais, a miúdo usando tales termos como o "bloque Occidental" e o "bloque Oriental". Os dous "mundos" non foron numerados. Eventualmente foi indicado que había moitos países que non cabían en ningunha categoría, foi nos anos 1950 cando o derradeiro grupo chegou a ser chamado o Terceiro Mundo. Entón comezou a parecer que debería haber un "Primeiro Mundo" e un "Segundo Mundo" (véxase Terceiro Mundo para un tratamento máis cheo da historia dos termos).
Eventualmente, fíxose isto a práctica común para referirse a nacións dentro da esfera de influencia da Europa Occidental e dos Estados Unidos (por exemplo, os países da OTAN) como o Primeiro Mundo. Ademais de Norteamérica (Estados Unidos e o Canadá) e Europa Occidental, o Primeiro Mundo tamén incluíu outros países industrializados capitalistas como o Xapón e antigas colonias británicas como Australia e Nova Zelandia.
Había un número de países que non couberon comodamente nesta definición aseada de partición, incluíndo Suíza, Suecia, e Irlanda, que decidiron ser neutros. Finlandia estaba baixo a esfera da influencia da Unión Soviética, pero non era comunista, tampouco era un membro do Pacto de Varsovia. Austria estaba baixo a esfera de influencia dos Estados Unidos, pero en 1955, cando o país fíxose unha república totalmente independente, decidiu permanecer neutro. Turquía, que se uniu a OTAN en 1952, non se atopaba na Europa Occidental e non estaba industrializada. España non se uniu á OTAN ata 1982, cara ao final da guerra fría e logo da morte do ditador autoritario Francisco Franco.
No uso moderno, despois do final da guerra fría, o termo de Primeiro Mundo chegou a denotar ás nacións 'desenvolvidas' Industrializadas capitalistas que no ano 2000 tiñan un PIB per cápita superior aos 15.000 dólares estadounidenses, como declarado polo Banco Mundial. Isto incluiría os Estados Unidos, o Canadá, o Xapón, os países da Unión Europea (no 2000), Taiwán, Israel, Australia, Nova Zelandia, e Corea do Sur. Ademais, Singapur e Hong Kong poden ser descritos nestes termos pero son excepcións xa que estes teñen características particulares non representantes dun país. O Banco Mundial tamén denota estes como "Economías de Altos Ingresos."
En anos recentes, xa que tantos países "en vías de desenvolvemento" estanse industrializado, o termo do Cuarto Mundo foi acuñado para referirse aos países que quedaron atrás e aínda carecen da infraestrutura industrial.
Dende mediados principios do século XIX Europa occidental, Norteamérica, Australia e Nova Zelandia foron historicamente as rexións con maiores ingresos do mundo e as que concentraron maiores recursos. Durante o século XX outras rexións como o Xapón e en menor grao Corea do Sur e algunhas áreas do sueste asiático acadaron tamén niveis altos de desenvolvemento económico e altos ingresos per cápita. O resto de rexións sufriron sortes desiguais, por exemplo, América Latina nas últimas décadas sufriu un descenso relativo de ingreso, e África central e meridional que partía de niveis de ingreso relativo altos en comparación doutras rexións do terceiro mundo viu emperorar a súa situación respecto ao ingreso. A seguinte táboa contén algúns datos comparativos. A táboa foi fabricada a partir de datso de Arrighi (1991, táboas II, III e IV) para o período 1938-1988[1] e Angus Maddison[2] para o período 2000-2003:
1938 | 1948 | 1960 | 1970 | 1980 | 1988 | 2000 | 2003 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
"Primeiro mundo" | 100% | 100% | 100% | 100% | 100% | 100% | 100% | 100% |
Latinoamérica | 19,5% | 14,4% | 16,7% | 15,5% | 19,8% | 10,6% | 25,3% | 24,0% |
Brasil | 12,0% | 11,3% | 12,1% | 12,7% | 17,5% | 12,1% | 25,8% | 25,1% |
Oriente Medio e Norte África | __ | __ | 11,5% | 8,1% | 11,1% | 7,1% | 18% | 18,1% |
Turquía e Exipto | 14,9% | 13,0% | 12,8% | 7,7% | 8,1% | 5,6% | 22,2% | 22,0% |
África Occidental e Oriental | __ | __ | 3,6% | 3,4% | 4,7% | 1,6% | 4,2% | 4,3% |
África central e meridional | 25,2% | 18,3% | 10,5% | 11,3% | (n.d.) | 6,1% | 7,2% | 7,1% |
Asia meridional | 8,2% | 7,5% | 3,6% | 2,8% | 4,6% | 2,3% | 9,5% | 9,9% |
Sueste Asiático | __ | __ | 6,6% | 3,8% | 5,7% | 3,7% | 39,8% | 39,0% |
Indonesia e Filipinas | 6,0% | __ | 6,4% | 2,8% | 4,6% | 2,3% | 13,2% | 13,7% |
Xapón | 20,7% | 14,5% | 23,2% | 52,1% | 76,3% | 117,9% | 97,9% | 95,6% |
Corea do Sur | __ | __ | 7,7% | 7,2% | 12,7% | 20,2% | 65,0% | 70,9% |
China | 4,1% | __ | __ | __ | 2,5% | 1,8% | 15,9% | 21,6% |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.