Primeiro Concilio de Nicea
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primeiro Concilio de Nicea[1] foi un concilio ecuménico, aceptado por case toda a cristiandade (agás grupos coma os mormóns), que se celebrou no ano 325.
Datos rápidos Concilio ecuménico, Data ...
Primeiro Concilio de Nicea | |
---|---|
Icona ortodoxa representando o concilio | |
Concilio ecuménico | |
Data | 325, en Nicea, Asia Menor |
Convocado por | Emperador Constantino I |
Presidido por | Alexandre de Alexandría |
Aceptación | Igrexa Asiria do Leste Igrexa católica Igrexa ortodoxa Ortodoxia oriental Maioría de denominacións protestantes |
Principais temas | Arianismo, natureza de Cristo, celebración da Pascua e outros. |
Documentos | Credo niceno, 20 cánones e unha epístola |
Pechar
Nel condenouse o arianismo, que afirmaba que Xesucristo era inferior a Deus Pai, e estableceuse o coñecido como Credo de Nicea.
O convocante deste concilio foi o emperador Constantino, algo que tivo unha grande carga simbólica, dado que ata había poucos anos (antes do Edicto de Milán de 313) os cristiáns eran sometidos a persecucións dentro do Imperio Romano.
Este concilio foi un dos dous que tiveron lugar na cidade de Asia Menor de Nicea, xunto co Segundo Concilio de Nicea (787).