Eustacio ou Eustaquio de Antioquía (en grego Εὐστάθιος, Eustáthios) foi un Patriarca de Antioquía, pero nado en Side, cidade da Panfilia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 270 Sida, Turquía (pt) |
Morte | 337 (57/67 anos) Trajanópolis, Grecia (pt) |
Bispo | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía e arianismo |
Lugar de traballo | Antioquía |
Ocupación | sacerdote, Patriarca, teólogo cristián |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 21 de febreiro |
Participou en | |
325 | Primeiro Concilio de Nicea |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
Segundo Nicetas Choniates, Eustacio era descendente dunha familia de Filipos en Macedonia. Foi bispo de Beroea de Siria e patriarca de Antioquía segundo o Concilio de Nicea I onde leu o panexírico do emperador.
Inimigo dos arianos, viu como os bispos seguidores de Ario convocaron un sínodo en Antioquía no que se presentaron graves cargos contra el, até conseguir que o emperador o depuxera do seu cargo por adulterio,[1] e o enviara ao exilio en Tracia contra o ano 329 ou 330. Entre as acusacións houbo varias de tipo sexual realizadas por unha muller que confesou a súa falsidade no leito de morte. Crese que Eustacio morreu no exilio pouco antes desta confesión, posibelmente antes do ano 358, cando Atanasio xa fala del como se estivera morto.
Escribiu diversas obras, entre elas unha contra Oríxenes titulada Κατὰ Ὠριγένους διαγνωστικὸς εἰς τὸ ἐγγαστρομύθου θεώρημα.[2] Tamén escribiu abundantes homilías, epístolas e interpretacións dos salmos.
Foi declarado santo, e a súa festividade é o 16 de xullo.
Predecesor: Filogonio |
Patriarca de Antioquía 324 – 330 |
Sucesor: Paulino I |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.