especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia
O pinto,[2] Labrus merula, é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,[3][4] unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,[5] e a FishBase,[6] ou as 17, segundo o ITIS.[7]
Pinto Labrus merula | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Labrus merula, foto tirada en Liguria, Italia | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Labrus merula Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A especide foi descrita en 1758 na páxina 288 do Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.
Ademais do nome que lle impuxo Linneo, que é o protónimo, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5][8]
Para a do xénero véxase Labrus.
O epíteto específico, merula, é o nome latino do merlo, en alusión á súa coloración escura, que se reflicte nalgúns nomes vulgares en diferentes linguas, como o galego merlo,[9] os cataláns tord negre e grívia negra,[10] ou o francés merle.[11]
As principais características morfolóxicas deste peixe son:[12][13][14][15] [16]
Labrus merula é unha especie litoral que vive en fondos rochosos e entre algas, a profundidades de entre 1 e 50 m.[14]
A súa área de distribución vai desde os 46° aos 20 °N, e desde os 32° O aos 36° L, encontrándose no Atlántico oriental, desde Portugal e os Azores até Marrocos, sendo moi común no Mediterráneo.[16][17]
Aliméntase de moluscos, crustáceos, vermes mariños e equinodermos.[14][16][17]
Labrus merula é un peixe territorial de hábitos diúrnos. Os adultos viven escondidos entre as rochas e as algas; os xuvenís pode formaren pequenos cardumes. Adáptanse ben a viviren dentro dos acuarios.[16][17]
Alcanza a madurez sexual aos dous anos de idade e mide entre 15 ou 20 cm de lonxitude. É hermafrodita proteroxínico (cando nacen todos os espécimes son femias) e, cando chegan aos catro anos pasan a seren machos. A reprodución ten lugar durante a primavera. No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen os óvulos, que son custodiados, e fecundados polos machos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas.[16]
É un peixe común pero tímido, polo que é difícil de pescar.[Cómpre referencia] A súa carne é de forte sabor e medianamente boa, e utilízase xeralmente para preparar sopa de peixe.[16]
A primeira cita desta especie en Galicia foi efectuada por Fernando de Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abistmos próximos. II parte". Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148.[18]
O nome máis empregado para denominar esta esta especie en galego é o de pinto, recollido por Ríos Panisse en 34 localidades, seguido de merlón en 9, budión en 6 e merlo nunha.[9]
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) non hai ameazas importantes coñecidas para esta especie o que, unido a que está moi estendida no Atlántico nordeste, fai que o seu status se cualifique como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.