numismático alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Hermann Paul Arnold, nado en Plauen, Saxonia, o 2 de marzo de 1936, é un numismático, arqueólogo clásico e historiador da Antigüidade alemán.
Retrato de Paul Arnold en 2020 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1936 Plauen, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá. |
Educación | Universidade de Jena. Universidade de Leipzig. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Lugar de traballo | Dresden |
Ocupación | historiador, arqueólogo, numismático, profesor universitario |
Empregador | Gabinete Numismático de Dresden |
Familia | |
Cónxuxe | Gina Ulli Barbara Arnold. |
Premios | |
(1980): Premio da GIG. (2011): Eligiuspreis (DNG). | |
Lista
|
Entre 1966 e 2002 foi o director do Gabinete Numismático de Dresden.
Paul Arnold naceu en 1936 na localidade saxoa de Plauen, fillo de Luise Johanna Wiesemann (1908-1977) e do comerciante Kaufmanns Ewald Wilhelm Arnold (1892-1964).[1]
Logo de recibir a educación primaria nunha escola de Leipzig, graduouse en educación secundaria na Thomas-Oberschule da mesma cidade, en 1954. A continuación fixo estudos superiores de Arqueoloxía Clásica e de Historia Antiga na Universidade Friedrich Schiller de Jena (1954-1958), e en 1962 acadou o seu doutoramento na Universidade Karl Marx, de Leipzig, cunha tese titulada Ethnologische Darstellungen auf römischen Reichsmünzen der Kaiserzeit; Motivgeschichte und Kaiserpropaganda ("Representacións etnolóxicas nas moedas imperiais romanas; historia dos motivos e propaganda imperial"), baixo a dirección de Robert Heidenreich.[1][2][3]
En 1959, Arnold ingresou como asistente de investigación no Gabinete Numismático de Dresden, integrado nas Coleccións Estatais de Arte de Dresden, e en 1965 foi ascendido a asistente principal. Só un ano despois foi nomeado director interino do Gabinete e, finalmente, director titular en 1968, posto que ocupou ininterrompidamente ata a súa xubilación en 2002.[1][2][3]
Entre 1986 e 1990, Paul Arnold presidiu o comité nacional da Alemaña oriental na Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). No período 1991-1992 continuou como delegado da FIDEM na República Federal de Alemaña e entre 1992 e 2002 en condición de vicedelegado. Entre 1991 e 1992 foi tamén o delegado do Estado libre de Saxonia na Comisión Numismática dos Estados Alemáns. Así mesmo, presidiu entre 1992 e 2005 a Sociedade Numismática Alemá.[1][2]
Entre outras entidades de carácter asociativo e académico, Arnold foi membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca (1986), da Sociedade Numismática Austríaca (1987), e das sociedades numismáticas de Berlín (1990), de Baviera (2003) e de Dresden (2011).[1][2][3]
No ámbito académico, Arnold exerceu en 1991 como profesor visitante de Numismática na Universidade de Viena, onde a partir de 1993 pasou a ocupar unha cátedra. Ese mesmo ano comezou tamén a docencia de Numismática na Universidade Técnica de Dresden. Entre 1993 e 2005 impartiu tamén esta materia na Universidade de Leipzig, a partir de 2002 como profesor honorario.[1][2][3]
Paul Arnold estivo casado coa historiadora da arte Gina Ulli Barbara Arnold (1935-2020), quen fora conservadora e directora provisional da Grünes Gewölbe, dentro das Coleccións Estatais de Arte de Dresden. O matrimonio tivo dous fillos.
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis significativos publicados por Paul Arnold ao longo da súa traxectoria:[7][8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.