Dresden

cidade alemá, capital do estado federado de Saxonia From Wikipedia, the free encyclopedia

Dresdenmap

Dresden[1][2] ou Dresde[3] (en alemán: Dresden) é unha cidade alemá á beira do Elba e capital do estado federado de Saxonia. Conta con 512.234 habitantes (2008) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas de Volkswagen, Airbus etc.).

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Dresden
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 51°03′N 13°44′L
EstadoAlemaña
Estado federadoSaxonia - Sachsen
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación566.222 (2023) (1.723,76 hab./km²)
Xeografía
Superficie328,48 km²
Bañado porRío Elba, Weißeritz (en) , Lockwitzbach (en) , Prießnitz (en) , Kaitzbach (en) e Lausenbach (en)
Altitude126 m
Punto máis altoTriebenberg (en) (383 m)
Punto máis baixoNiederwartha (en)
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1206 (Gregoriano)
Evento clave
22 de xullo de 1760Siege of Dresden (en)
Organización política
 Xefe do gobernoDirk Hilbert (2015–)
Órgano lexislativoDresden City Council (en) ,
Membro de
Identificador descritivo
Código postal01067, 01326, 01309, 01069, 01097, 01099, 01159, 01127, 01307, 01129 e 01279
Fuso horario
Prefixo telefónico351 e 35201
Código NUTSDED21
Número de municipio alemán14612000
Outro
Irmandado con
Silistra
Wrocław (1959–)
Coventry (1959–)
San Petersburgo (1961–)
Skopje (1967–)
Ostrava (1971–)
Brazzaville (1975–)
Florencia (1978–)
Hamburgo (1987–)
Rotterdam (1988–)
Estrasburgo (1990–)
Salzburgo (1991–)
Columbus (1992–)
Hangzhou (2009–)

Sitio webdresden.de
Pechar

Limita ao noroeste co distrito de Meißen, ao nordés co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge. Dresden atópase xusto no centro da conurbación homónima. Situada no centro de Europa, constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de grande importancia.[4] Esta aglomeración, xunto coa de Chemnitz-Zwickau e a de Leipzig-Halle, constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo saxón".[5] A poboación total de Dresden supera os 525.000 habitantes e o seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.[6]

O Val do Elba en Dresden foi Patrimonio da Humanidade da Unesco entre 2004 e 2009, pero perdeu o seu sitio en dita lista debido á construción dunha ponte a dous quilómetros do centro histórico. Deste xeito, converteuse no primeiro lugar en Europa e segundo en todo o mundo en perder esta condición.[7]

En 2015, a cidade foi laureada, xunto coa sueca Vara co Premio de Europa, unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa, desde 1955, a aqueles municipios que fixesen notables esforzos para promover o ideal da unidade europea.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.