numismático e museólogo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Ulf Dräger, nado en Halle, Saxonia-Anhalt en 1965, é un numismático e museólogo alemán, xefe do Gabinete Numismático Estatal de Saxonia-Anhalt e presidente da Asociación de Museos de Saxonia-Anhalt desde 2018.
Ulf Dräger en 2022 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 Halle (Saale), Alemaña |
País de nacionalidade | Alemán. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museoloxía. |
Ocupación | numismático, museólogo |
Empregador | Gabinete Numismático Estatal de Saxonia-Anhalt. |
Membro de | |
Premios | |
(2023): Eligiuspreis (DNG). | |
Lista
|
O interese de Dräger polos temas históricos vénlle do seu pai, que traballaba como arquiveiro no antigo Arquivo Segredo do Estado Prusiano en Merseburg.[1]
No entanto, inicialmente formouse como fotógrafo, aínda que e máis tarde cursou estudos de Museoloxía na Escola Técnica de Museoloxía (Fachschule für Museologen) de Leipzig, dos que se graduou en 1988,[2] cunha memoria acerca dos deseños de medallas de Karl Friedrich Schinkel. Esta tese apareceu publicada en 1994 no Jahrbuch für Numismatik und Geldgeschichte baixo o título de Entwürfe für Medaillen und Orden von Karl Friedrich Schinkel 1812 bis 1818 ("Deseños de medallas e condecoracións de Karl Friedrich Schinkel de 1812 a 1818").[3][1]
A súa toma de contacto coa numismática produciuse durante os seus anos de estudante, durante unhas prácticas con Eva Wipplinger, daquela encargada do Gabinete Estatal de Numismática do Museo de Arte de Moritzburg, en Halle, institución na que Dräger ingresou en 1988, logo da súa graduación, como asistente de investigación. Alí fíxose cargo máis tarde da xestión da colección —que en 1990 pasou a coñecerse como Gabinete Numismático Estatal de Saxonia-Anhalt—, e en 2010 foi nomeado tamén conservador da Colección de Artesanía e Deseño. En setembro de 2018, foi elixido presidente da Asociación de Museos de Saxonia-Anhalt.[2][1]
Ulf Dräger é autor, redactor e editor de numerosas publicacións especializadas. As súas investigacións céntranse na arte da medallística e da numismática alemás. É un membro activo da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM) e desempeñou un papel clave no portal virtual de moedas KENOM,[2][1] onde se rexistran e se publican coleccións científicas en relación coa moeda e a medalla.[4]
Dräger é representante do estado federado de Saxonia-Anhalt na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, e presidente do padroado da Fundación Gitta Kastner. Foi tamén vicepresidente da Sociedade Numismática Alemá de 2004 a 2019 e presidente da Sociedade Alemá da Medalla de Arte de 2004 a 2010.[2][1]
En 1991 Dräger comezou a exercer a docencia na Universidade de Halle-Wittenberg.[2][1]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Ulf Dräger ao longo da súa traxectoria, como autor ou en condición de editor:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.