vasodilatador e hormona polipeptídica secretada polas células musculares do corazón From Wikipedia, the free encyclopedia
O péptido natriurético auricular (ANP), factor natriurético auricular (ANF), hormona natriurética auricular (ANH), ou atriopeptina, é un potente vasodilatador, e unha hormona polipeptídica secretada polas células musculares do corazón.[1][2] Está implicado na homeostase da auga do corpo, do sodio, potasio e graxas do tecido adiposo. Libérase polas células musculares das cámaras superiores do corazón (aurículas), en resposta á presión sanguínea alta. O ANP actúa reducindo a auga, o sodio e a carga adiposa no sistema circulatorio, o que reduce a presión sanguínea.[1]
O ANP é un péptido de 28 aminoácidos cun anel de 17 aminoácidos no centro da molécula codificado por un xene do cromosoma 1 humano. O anel está formado por unha ponte disulfuro entre dúas cisteínas situadas nas posicións 7 e 23. O ANP está moi relacionado co péptido natriurético cerebral (BNP) e co péptido natriurético de tipo C (CNP), xa que os tres comparten o mesmo anel de aminoácidos. O ANP foi descuberto en 1981 por un equipo de investigadores en Kingston, Ontario, Canadá despois de que observasen que a inxección de extractos de tecidos da aurícula (pero non do ventrículo) nas ratas causaba unha forte natriurese (sodio na urina).[3]
O ANP é producido, almacenado e liberado polos miocitos cardíacos das aurículas do corazón. Libérase en resposta ao estiramento na aurícula e por outros sinais inducidos pola hipervolemia, exercicio ou restrición calórica.[1] A hormona exprésase constitutivamente no ventrículo en resposta ao estrés inducido polo incremento do sangue que chega ao corazón (por exemplo, incremento da presión ventricular en casos de estenose aórtica) ou danos no corazón (por exemplo, infarto de miocardio).
O ANP secrétase en resposta a:
A aurícula disténdese cando hai moito fluído extracelular e volume sanguíneo, e na fibrilación auricular. A secreción de ANP aumenta en resposta á inmersión do corpo na auga, o que causa distensión auricular debido a que se produce unha alteración da distribución do fluído intravascular. A secreción de ANP en resposta ao exercicio foi tamén demostrada nos cabalos.[4]
Foron identificados tres tipos de receptores do péptido natriurético auricular da superficie celular, aos que se unen os péptidos natriuréticos. Denomínanse:
O NPR-A e o NPR-B teñen un segmento que ocupa o grosor da membrana cun dominio extracelular que se une ao ligando. O dominio intracelular mantén dous dominios catalíticos de consenso para a actividade da guanilil ciclase. A unión dun péptido natriurético induce un cambio conformacional no receptor que causa a dimerización do receptor e a súa activación. Deste modo, a unión do ANP ao seu receptor causa a conversión de GTP a GMP cíclico (GMPc) e aumenta o GMPc intracelular. Como consecuencia, o GMPc activa unha quinase dependente do GMPc (PKG ou cGK) que fosforila proteínas nuns residuos específicos de serina e treonina. No sistema de túbulos colectores da medula renal, o GMPc xerado en resposta ao ANP non só pode actuar por medio da PKG senón tamén por medio da modulación directa das canles iónicas.[5] O NPR-C funciona principalmente como un receptor para a eliminación ao unir e secuestrar o ANP, retirándoo da circulación. Todos os péptidos natriuréticos poden unirse ao NPR-C. O péptido natriurético auricular e o péptido natriurético cerebral únense e activan a guanilil ciclase A (GC-A), e o péptido natriurético cerebral pode ademais unirse e activar á guanilil ciclase B (GC-B).[6]
o ANP únese a un conxunto específico de receptores, os receptores do ANP. A unión de agonistas dos receptores causa a redución do volume sanguíneo e, por tanto, a redución no gasto cardíaco e da presión arterial sistémica. A lipólise aumenta, e descende a reabsorción renal de sodio. O efecto global do ANP no corpo é contrarrestar o aumento da presión arterial e do volume sanguíneo causado polo sistema renina-anxiotensina.
Relaxa o músculo liso vascular das arteríolas e vénulas por:
Pode estar asociado coa amiloidose auricular illada.[9]
A regulación dos efectos do ANP atínguese por medio da degradación gradual do péptido polo encima endopeptidase neutra (NEP). Recentemente, fabricáronse inhibidores da endopeptidase neutral; pero aínda non obtiveron permisos de uso. Poderían ser clinicamente útiles no tratamento da enfermidade conxestiva do corazón.
Ademais dos péptidos natriuréticos dos mamíferos (ANP, BNP e CNP), foron illados noutros grupos animais outros péptidos natriuréticos con estrutura e propiedades similares. Tervonen (1998) describiu un péptido natriurético no salmón, chamado péptido cardíaco de salmón,[10] e o péptido natriurético de dendroaspis (DNP) forma parte do veleno das serpes africanas mambas verdes.[11]
A endopeptidase neutra (NEP) é o encima que metaboliza os péptidos natriuréticos, polo que se están a desenvolver inhibidores deste encima para tratar trastornos como hipertensión e insuficiencia cardíaca. A maioría deles son inhibidores duais. O Omapatrilat (inhibidor dual do NEP e do encima conversor da anxiotensina) desenvolvido por BMS non recibiu aínda a aprobación da FDA nos Estados Unidos debido a que podería producir anxioedema. Outros inhibidores duais do NEP co receptor ACE/anxiotensina están investigándose actualmente polas compañías farmacéuticas.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.