From Wikipedia, the free encyclopedia
Amiloidose é un termo xenérico, empregado para facer referencia a un grupo de doenzas de etioloxía diversa e prognóstico e tratamento variables, cunha característica común: todas elas están causadas polo depósito extracelular dun material, denominado material amiloide. Este material, de natureza proteica, insoluble e resistente á proteólise, foi bautizado por Virchow debido á súa afinidade por colorantes iodados, semellante á do amidón.
Amiloidose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Micrografía amosa material amiloide (mancha vermella) logo de tinguir tecido cardíaco con vermello Congo nun caso de amiloidose cardíaca. | |
DiseasesDB | 633 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Desde o ano 2021, no día 26 de outubro celébrase o Día Mundial da Amiloidose.[1]
O material amiloide é de orixe proteico, insoluble e resistente á proteólise.
Pode tinguirse con diversas técnicas, como a de hematoxilina-eosina e a tioflavina T, pero a característica máis típica do amiloide é o seu tinguidura con vermello Congo, tras a cal adquire birrefrinxencia verde mazá ó ser exposto á luz polarizada. Estas características relacionadas coa tinguidura débense á estrutura química adquirida polos precursores proteicos que forman o amiloide, independentemente da súa natureza e é, por tanto, común a todos eles.
O material amiloide está formado nun 95% por fibras de amiloide.
Estas fibras de amiloide son polímeros insolubles formados por subunidades proteicas de baixo peso molecular que proveñen de precursores solubles que adquiren unha estrutura secundaria anormal en lámina β-antiparalela. O outro 5% do material amiloide corresponde a factores que, probablemente, contribúen á estabilización das fibras, dos cales os máis importantes son o compoñente sérico P (unha molécula da familia das pentraxinas, moi similar á proteína C reactiva) e proteoglicanos e glicosaminoglicanos, procedentes da matriz extracelular do tecido de depósito.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.