From Wikipedia, the free encyclopedia
A fibrilación auricular é unha arritmia cardíaca de orixe auricular, na que unha alteración na condución nerviosa ocasiona un contracción ineficiente das aurículas. É a arritmia maligna máis común, especialmente en anciáns.
Fibrilación auricular | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
As ondas P representan a despolarización das aurículas e no aparecen no ECG da fibrilación auricular. | |
DiseasesDB | 1065 |
MedlinePlus | 000184 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A fibrilación débese a unha aurícula patolóxica, cuxa causa pode ser unha cardiopatía isquémica ou unha insuficiencia cardíaca. Neste último caso hai unha distensión auricular excesiva que provoca a malfunción atrial. Para tratar de compensalo a aurícula incrementa o ritmo de contracción, pudendo chegar ata os 300 latidos por minuto.
Os antecedentes de cardiopatía isquémica, a hipertensión arterial e a insuficiencia cardíaca predispoñen á fibrilación auricular.
A fibrilación auricular per se non é mortal, xa que "unicamente" provoca un descenso aproximado do 20% do volume minuto. O corazón segue funcionando e mantendo un bombeo aceptable. Non obstante, a fibrilación auricular é a primeira causa de trombose. O sangue remansado nas aurículas é propenso a formar trombos e dispersarse polo resto do organismo. Estas formacións poden saír do corazón e producir oclusións vasculares en diversos territorios. O impacto nas arterias xera unha isquemia secundaria, e polo tanto a necrose dos tecidos. O impacto do trombo nas arterias do membro inferior produce unha isquemia da zona afectada. Nalgúns casos, o trombo atasca algunha arteria dixestiva, coma a arteria mesentérica inferior, ocasionando unha isquemia intestinal. Non obstante, unha das consecuencias máis comúns e graves e o atasco da circulación cerebral, causando un ictus.
O diagnóstico é electrocardiográfico, presentando ausencia das ondas P auriculares, arritmia, con ondas f. Non se observa intervalo PR, e o complexo QRS pode ser ancho ou estreito, mesmo asociarse a un bloqueo de póla.
O tratamento inicial busca restaurar o circuíto eléctrico atrial. Para iso poden empregarse medidas farmacolóxicas ou eléctricas:
Cando a reversión do ritmo non se dá conseguido ou cando está contraindicada por outras patoloxías, entón debe administrarse anticoagulación:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.