parroquia civil do concello de Aranga From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cristovo de Muniferral é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 271 habitantes (143 homes e 128 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.
Muniferral | |
---|---|
Igrexa de San Cristovo de Muniferral. | |
Concello | Aranga[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°14′21″N 8°03′07″O |
Área | 13,74 km² |
Poboación | 271 hab. (2018) |
Densidade | 19,72 hab./km² |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.[2]
A parroquia de Muniferral ten unha superficie de 13,74 km²[4] e 23 núcleos de poboación.[5]
Está situada no noroeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.
Limita ó norte coa parroquia de Verís (do concello de Irixoa), ó leste coa de Aranga, ó sur coa de Vilarraso, ó suroeste coa de Fervenzas e ó oeste coa de Feás.
Noroeste: Feás | Norte: Verís (Irixoa) | Nordeste: Aranga |
Oeste: Feás | Leste: Aranga | |
Suroeste: Fervenzas | Sur: Vilarraso | Sueste: Vilarraso e Aranga |
Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, os lugares da Carballeira, Os Carneiros, A Casanova, A Castellana, Castrobó, Os Ferreiros, Santiso (de baixo[6]), Solmé, Vilarraso e Vilourís pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso.[7]
No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia ten 34 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 aparece (xunto con Feás)[8] con 61 veciños, dos cales 59 son pecheros.[9] No Censo do Sal de 1631 aparece o couto de Muniferral con 60 veciños.[10]
1752[11] | 1768[12] | 1787[13] |
---|---|---|
Veciños | Habitantes | |
120 | 598 | 383 |
Expediente de alistamento militar do arquivo de Betanzos Dicionarios xeográficos Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) Censos (poboación de feito)
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
385 | 366 | 339 | 328 | 328 | 326 | 323 | 315 | 301 | 304 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
299 | 293 | 289 | 289 | 291 | 291 | 271 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal)[23] |
Gráfica de evolución demográfica de Muniferral entre 1887 e 2017 |
Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Lugares da parroquia de Muniferral no concello coruñés de Aranga | |
---|---|
Benade | O Canedo | Castelos | Castromil | Cerdelo | A Costa | Curra | A Falgarosa | A Figueira | As Fontelas | Montesalgueiro | As Nogueiras | Orracas | Pardiñas de Abaixo | Pardiñas de Arriba | A Posta | O Regueiral | Sisalde | A Sudreira | A Taberna | A Vila | Vilela | Vilidón |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.