From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel García Cuesta, nado en Macotera (Salamanca) o 6 de outubro de 1803 e finado en Santiago de Compostela o 18 de abril de 1873, foi un prelado católico español, que actuou no Concilio Vaticano I (1869 - 1870).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1803 Macotera, España |
Morte | 14 de abril de 1873 (69 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | catedral de Santiago de Compostela |
Cardeal | |
27 de setembro de 1861 – | |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
14 de maio de 1851 – ← Rafael de Vélez – Miguel Payá y Rico → | |
Bispo de Jaca | |
14 de novembro de 1847 – ← Manuel María Gómez de las Rivas – Juan José Biec y Belio → Diocese: Diócesis de Jaca | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1848–), sacerdote católico (1828–), político |
Empregador | Universidade de Salamanca |
Consagración | José Antonio Ribadeneira |
En 1847 foi promovido como bispo de Jaca (Huesca), desde onde pasou a presidir o arcebispado de Santiago de Compostela, ministerio que ostentaría desde 1851 até a súa morte en 1873.
En 1861 foi nomeado cardeal. Varios anos despois participou no Concilio Vaticano Primeiro, convocado polo papa Pío IX. Nas sesións conciliares defendeu ardentemente a declaración dogmática da Inmaculada Concepción de María, que finalmente sería aprobada.
Realizou persoalmente a reforma parroquial de 1867 da diocese de Santiago de Compostela.[1]
Durante a Década democrática, en plenas constituíntes, García Cuesta atacou a validez do matrimonio civil e negouse a xurar a Constitución española de 1869.
Trasladou o Seminario Diocesano, desde o Colexio de San Clemente, onde o aloxara o bispo Rafael de Vélez, para o mosteiro de San Martiño Pinario, ambos os dous lugares situados en Santiago de Compostela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.