masa formada polos ovos de peixes e crustáceos From Wikipedia, the free encyclopedia
En zooloxía denomínase míllara á masa compacta formada polo conxunto de pequenos ovos de certos peixes e crustáceos, envoltos nunha membrana.[1]
As míllaras son unha gran concentración de ovos de peixes e outros animais mariños como o ourizo de mar, as gambas, a vieira, e algúns tiburóns e, dentro dos non mariños, os dalgunhas ras.
Empréganse en cociña en moitos pratos, incluso crúdas ou queimadas. O caviar, considerado unha delicia culinaria, son míllaras da femia do esturión.
É común en todo o territorio español o emprego de míllaras de pescada, atún e outros peixes na cociñna española. Sérvense tanto crúas, como asadas, fritas ou adubiadas.[2] As míllaras de atún son un elemento típico das táboas ou pratos de salazones xunto ao bonito seco ou a mojama. Na Rexión de Murcia é habitual o consumo de míllaras de muxo salgado. No Principado de Asturias comen as míllaras dos oricios (ourizos de mar). En Galicia as preferidas son as da centola e as da vieira acabadas de cocer.
En Italia a bottarga é unha masa constituída por míllaras salgadas de muxo usada como aderezo dalgúns tipos de pasta.
O tarama turco é un meze turco e grego que emprega míllaras como principal ingrediente. É típico da illa de Leucas (Λευκάδα). O resto dos ingredientes poden variar, pero adoitan incluír aceite de oliva, allo, tomate, noces e pemento vermello. O meze chámase taramosalata (ταραμοσαλάτα) en grego, e consiste en míllaras con zumeo de limón, cebola, allo e aceite de oliva.
As míllaras de Cyclopterus lumpus (stenbider) son moi prezadas na cociña danesa. Así mesmo, os daneses comen míllaras de bacallau (torsk).
Na gastronomía peruana ás míllaras chámanse hueveras. Son moi prezadas as de bonito, Anisotremus scapularis (un hemúlido), linguado e corvina. Consómense fritas en forma de chicharrón,[3] en xeleas e en tortillas,[4] e é unha preparación popular nas cebicharías do país.[5]
En Venezuela (principalmente no oriente e na illa de Margarita) é común o consumo de míllaras de peixes tales como o atún, os xurelos, Mugil liza (un muxo) e bagres. Polo xeral consómense fritas, aínda que tamén se pden consumir guisadas.
Os xaponeses usan unha gran variedade de míllaras na súa cociña, entre as cales pódense destacar as seguintes:
Á parte do a mencionado caviar, nas provincias do mar Caspio cocíñanse bastantes variedades de míllaras das máis diversas maneiras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.