Lobios
concello da comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. No ano 2019, segundo o INE, tiña 1.678 habitantes, dos cales 839 son homes e 839 mulleres.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lobios (homónimos).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Fondevila | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.786 (2023) (10,61 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 168,38 km² | ||||
Altitude | 387 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María del Carmen Yáñez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Lobios | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32870 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32042 | ||||
Páxina web | lobios.org |
Historia
Prehistoria
A primeira evidencia de poboamento humano en Lobios remóntase ao Paleolítico, como demostran as descubertas arqueolóxicas na zona de Río Caldo. A partir de mediados do IV milenio a. C., os primeiros pobos pastores e agricultores establecéronse na área, deixando numerosos monumentos megalíticos entre os que destacan as necrópoles tumularias de San Bieito e a Anta do Couto.
A presenza dos primeiros pobos metalúrxicos, correspondentes ao período Calcolítico, é evidente a partir do 2500 a. C., reflectida en asentamentos con materiais líticos e cerámicos. Destaca tamén a localización das cerámicas campaniformes", datadas arredor do 1800 a. C. A Idade do Bronce é menos coñecida na zona, con achados illados que corresponden coa súa fase inicial.
A cultura castrexa, representada polos castros construídos en lugares con defensas naturais, esténdese dende o século VI a. C. até o IV d. C.[1]
Época romana
A invasión romana do noroeste da Península Ibérica comeza no 215 a. C. nun proceso lento e irregular. A Gallaecia non entrou en conflito directo coas lexións romanas até case un século despois, coa incursión de Décimo Xunio Bruto Galaico en 137 a. C., culminando despois das campañas de Octavio Augusto. A Vía Nova, construída durante a dinastía dos Flavios (Vespasiano, Tito e Domiciano), conectou diversos pobos e cidades, entre elas Aquis Querquennis (Porto Quintela), Aquis Originis (Río Caldo) e outros centros urbanos, e representa un importante paso no proceso de romanización do Noroeste Peninsular. A expansión da economía, testemuñada pola fundación de villae, foi un dos principais logros da época.[1]
Idade Media
A Idade Media é menos coñecida a partir da evidencia arqueolóxica, agás por algúns achados dispersos pola comarca. Durante este período, a acción monacal, especialmente a dos beneditinos, foi relevante no proceso de repoboamento. Segundo algúns, no lugar da Cela naceu San Rosendo, bispo e abade, fundador de mosteiros como o de San Salvador de Celanova.
Coa independencia de Portugal no século XII, estas terras convertéronse en fronteiras periféricas.
Idades moderna e contemporánea
Durante este tempo, houbo varias guerras que afectaron a zona, especialmente o Couto de Arauxo.
Nas guerras carlistas e a Guerra civil española, os vellos camiños foron empregados para o contrabando, e a solidariedade dos habitantes axudou a quen o precisaba.[1]
Buscalque foi o primeiro destino do político e xornalista Luís Soto,[2][3] que se fixo mestre ao seu regreso da emigración en Arxentina. Tamén deu clase en Penosiños e Mondariz (1934-1936).
O exalcalde de Lobios José Lamela Bautista, foi nomeado xuíz honorario do Couto Mixto en 2015.[4]
Demografía
Censo Total | 1.868 (2016) |
Menores de 15 anos | 105 (5.62 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.020 (54.60 %) |
Maiores de 65 anos | 743 (39.76 %) |
Evolución da poboación de Lobios Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.201 | 4.640 | 5.221 | 5.102 | 2.547 | 2.259 | 2.238 | 2.175 | 2.130 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Lobios na cultura popular galega
- Á entrada do Xurés/ perdín o meu cadeado:/ Nosa Señora bendita/ teno no seo gardado [5].
- Adios, Torneiros do Val,/ despedida de Galicia;/ xa que rilláste-lo nabo/ rillai tamén a nabiza [6].
- Anque me pintaran de ouro/ como ó San Bartolomeu,/ lugariño de Silvares/ non o esquecería eu [7].
- Antoniño, se te fores,/ tira un tiro na Portela;/ pra que digan as meniñas:/ Alá vai o rei da terra [8].
- Antonio foise, foise,/ deu un tiro na Portela;/ quedaron dicindo as mozas:/ Alá vai o rei da terra [9].
- Aquile que anda no baille,/ aquile que agora entrou,/ ten o beillar apurado,/ nin que fora dos de Grou! [10].
- As mociñas de Requeixo/ quen che mas dera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar [11].
- As mociñas de Silvares/ son poucas e moi bonitas:/ parez a cama onde dormen/ o galiñeiro das pitas [12].
- As mociñas de Valoiro/ son pequeniñas e flacas,/ por eso me dixo Xan:/ Se vas elí non te casas [13].
- Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás [14].
- Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive [15].
- Dónde son ises mociños,/ donde son, donde serán?/ Son do lugar de Xendive,/ veciños do San Xoán [16].
- Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida [17].
- Eu hei de irme ó Xurés/ con estas miñas amigas;/ habemos botar un neto/ i habemos mercar sardiñas [18].
- Eu subín por unha liña/ e baixei por un cordón,/ teño un amor en Ganceiros,/ non me sai do curazón [19].
- Fai un ano que viñemos,/ un ano non é un mes,/ fai un ano que viñemos/ co pretesto do Xurés [20].
- Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [21].
- Había de ir a Xendive,/ mais a Xendive non vou/ que se me caiu a saia/ no San Mamede de Grou [22].
- Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero [23].
- Hei de ir ao San Roque a Lobios/ i á Santa Eufemia a Parada,/ que as mociñas de Lubeira/ son as da chave dourada [24].
- Iste lugar de Silvares/ ninguén me diga mal de ile,/ puxarei pola espada,/ porei a vida por ile [25].
- Miña Virxe de Xurés/ baixaivos ao areal/ que lle leva o millo a seca/ ás calaceiras do val [26].
- Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá hei de ir,/ heille de levar un ramo/ que do ceo me ha de vir [27].
- Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá non vou:/ tiña o diñeiriño xunto/ e non sei quen mo levou [27].
- Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e carqueixas/ e carballos darredor [27].
- Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór/ pra lle dar os boenos días/ o domingo do Señor [27].
- Miña Virxe do Xurés,/ quérena subir arriba;/ as mozas de Vilameá/ choran que parten a vida (Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Refírese a Vilameá, lugar da parroquia de Rio Caldo.
- Miña Virxe do Xurés/ eu ben a vi ao sol posto/ cunha rosiña na mau/ i outra na mazá do rostro [27].
- Miña Virxe do Xurés/ eu iste ano alá non vou/ polo mor dos alborotos, malia quen os armou [28].
- Miña Virxe do Xurés/ ten o tellado de vidro/ que llo deu un mariñeiro/ que andaba no mar perdido [27].
- Miña Virxe do Xurés/ ten un xustillo vermello;/ dálle o sol pola ventana,/ relumbra coma un espello [29].
- Miña Virxe do Xurés/ ten unha ventana nova/ para ver aos portugueses/ como tocan a viola [27].
- Niste lugar 'de la Vila'/ non hai moza que apareza:/ quedou Rosa da Fachesa/ cun penedo na cabeza [30].
- Niste lugar 'de la Vila'/ non hai mozas que rondar;/ hai unhas poliñas novas,/ mozos, deixalas criar [31].
- Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de bogas,/ mais o que as ha de pillar/ ten que gastar catro solas [32].
- Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de neve;/ eu quixera beber nil,/ meu curazón non se estreve [31].
- Niste lugar de Requeixo/ no medio quero decer,/ hai un piñeiriño verde/ que alumea sen arder [31].
- No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar [33].
- No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira [34].
- Non quero casar en Crasto,/ que é terra de penedos;/ heime casar en Xendive,/ que é terra de moitos grelos [35].
- Nosa Virxe do Xurés/ a súa capela cai:/ mozas de Vilameá,/ quitaille a tella, quitai [36].
- O lugarciño do Corgo/ ó lonxe parece vila/ se non foran os canastros/ que están no lado de riba [37].
- Río abaixo, río arriba,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás pendangas de Aceredo [38].
- Río arriba, río abaixo,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás mociñas de Aceredo [39].
- San Isidro labrador,/ que anda arando no campo,/ a Santa Eufemia bendita/ vaille de diante do gado [40].
- Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [41].
- Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios [42].
- Se vas a San Benitiño/ non vaias a Lantemil,/ que hai outro máis milagreiro,/ á subida do Pacín [43].
- Señor San Benito novo/ que estás no monte de Grou:/ depárame unha meniña/ que eu en busca dela vou [44].
- Señor San Roque de Lobios,/ estanqueiro do tabaco,/ dígame, señor San Roque,/ quen o meteu niste trato? [45].
- Señor San Roque de Lobios,/ santiño moi milagroso,/ pedinlle un rapaz bonito,/ deume un cara de raposo [46].
- Silvares xa ten a sona,/ Silvares a sona ten/ de bos mozos e boas mozas,/ de cantar e beillar ben [47].
- Son as mozas de Requeixo/ moi meigas e moi melosas;/ ós mozos volven toliños/ coas súas falas amorosas [48].
- Son as mozas de Requeixo/ tan boas e cobizosas/ que cando os mozos se enteiran/ pensan: “Non queremos outras” [49].
- Teño un amor na montaña/ e outro en Cimadevila,/ outro na Vila da Barca/ i outro aínda máis arriba [50].
- Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [51].
- Viva o lugar de Requeixo,/ viva, viva coma dantes;/ unhas mozas coma rosas/ us mozos coma xigantes [52].
- Zabariz e mais Torneiros/ xogaban ó carnaval/ sendo lugares veciños/ é cousa moi natural [53].
Manuel de Sousa da Silva escribiu a seguinte:
Lá de Lobios de Galliza
Vieram para Lindoso
Os de gremio valoroso
de Araújo por guiza
Que foi cá mui poderoso...
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Lobios.
- Antigas augas termais romanas.
- Bliblioteca Municipal de Lobios
- Parque Xavi Pérez, Lobios
Parroquias
Lugares de Lobios
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lobios vexa: Lugares de Lobios.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.