vía romana do Itinerario de Antonino From Wikipedia, the free encyclopedia
A vía Nova, no itinerario de Antonino a Vía XVIII, era a vía romana que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 215 millas romanas (uns 318 quilómetros).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado. A vía tiña unha lonxitude de 215 millas romanas. O gobernador da provincia Citerior naquel tempo era Illote Calpetano Rantio Quirinal Rufo Valerio Festo.[1]
Segundo a información extraída dos miliarios dedicados a Tito Flavio Vespasiano e ó seu irmán Domiciano, construiríase entre os anos 79 e 80 da nosa era.[1] Sería restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado vén reflectido con detalle no Itinerario de Antonino (século III).
Unha das mansio (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. No seu trazado estaban sinalizadas os millia passum con miliarios, solitarios ou en grupo. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa, concretamente 281.
Conserva os seguintes monumentos epigráficos:
As etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino, coa súa redución actual, son as seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.