Bracara Augusta

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bracara Augustamap

Bracara Augusta (do latín bracara, topónimo procedente dos brácaros, que habitaban no convento de bracarense, e que fai alusión as brācae [1], bragas ou calzas que vestían) é o nome romano da actual cidade de Braga, no norte de Portugal. Foi construída no lugar dun poboado indíxena anterior[Cómpre referencia].

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Bracara Augusta
Imaxe
Tipocidade romana
Localización
División administrativaBraga, Portugal e Convento Bracarense, Roma Antiga
LocalizaciónGallaecia
 41°32′39″N 8°25′19″O
Historia
Período de tempoImperio Romano
Actividade
FundadorPaulo Fabio Máximo
Pechar

Historia

A cidade romana foi fundada polo Emperador César Augusto cerca de 16 a.C., despois da pacificación definitiva da rexión. Durante o período dos Flavios, Bracara Augusta obtivo estatuto municipal e foi elevada a capital do conventus, tendo tido funcións administrativas sobre unha extensa rexión. A partir da reforma de Diocleciano pasou a ser capital da recentemente creada provincia da Gallaecia. No século V a cidade foi tomada polos invasores suevos, que a elevaron a capital do seu reino.

Son coñecidos da cidade romana restos dalgúns edificios. Nas escavacións efectuadas no claustro do Seminario de Santiago encontrouse unha grande sala con resto de columnas, tendo no centro unha piscina decorada con mosaicos, que foi probabelmente parte dun balneario. Na área da Fonte do Ídolo, situada na actual Rúa do Raio, fora do antigo perímetro da cidade romana, tería existido un edificio relixioso consagrado ao deus Tongoenabiagus.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.