Os Hippopotamidae son unha familia de mamíferos artiodáctilos na que se atopan actualmente só dúas especies: o Hippopotamus amphibius (hipopótamo) e o Choeropsis liberiensis (hipopótamo anano).
Máis información Hippopotamidae Rango fósil: Miocena medio - Actualidade, Clasificación científica ...
Hippopotamidae Rango fósil: Miocena medio - Actualidade |
Hippopotamus amphibius |
Clasificación científica |
|
Subtaxa |
†Trilobophorous Geze, 1985
Hippopotaminae Gray, 1821
- †Archaeopotamus
- Choeropsis
- †Hexaprotodon
- Hippopotamus
- †Saotherium
†Kenyapotaminae Pickford, 1983
- Kenyapotamus
- Palaeopotamus
|
Pechar
Desenvolvéronse durante o Mioceno e son os parentes vivos máis próximos dos cetáceos xa que ambos son os únicos sobreviventes do clado Whippomorpha.[1]
A palabra hipopótamo deriva do latín hippopotămus, que á súa vez provén do grego hippopótamos (ἱπποπόταμος), composto por híppos (ίππος), cabalo, e potamós (ποταμος), río, «cabalo de río».[2] Se os gregos da época clásica designaban a este animal coma «cabalo de río», os árabes chamábanno «búfalo de auga», e os antigos exipcios «porco de río».[3]
A sistemática e a taxonomía empregadas seguen fundamentalmente a revisión de Boisserie (2005).[4]
- Xénero Hippopotamus - hipopótamos verdadeiros
- Provisionalmente situados en Hippopotamus:
- Hippopotamus aethiopicus † - Kenya e Etiopía; Plioceno-Plistoceno
- Hippopotamus afarensis † - anteriormente xénero Trilobophorus
- Hippopotamus behemoth † -
- Hippopotamus kaisensis † - África Central; Plioceno
- Hippopotamus sirensis † - Marrocos e Alxeria; Plistoceno
- Xénero Hexaprotodon - hipopótamos asiáticos
- Hexaprotodon bruneti † - Etiopía; Plioceno
- Hexaprotodon coryndoni † - Etiopía; Plioceno
- Hexaprotodon crusafonti † - España; Mioceno tardío (sin. Hexaprotodon primaevus)
- Hexaprotodon hipponensis † - Alxeria
- Hexaprotodon imagunculus † - Uganda e cunca do Congo; Plioceno
- Hexaprotodon iravaticus † - Birmania; Plioceno-Plistoceno
- Hexaprotodon karumensis † - Kenya e Eritrea; Plistoceno
- Hexaprotodon madagascariensis † - Madagascar; Holoceno
- Hexaprotodon namadicus † - India (posibelmente o mesmo que Hex. palaeindicus)
- Hexaprotodon palaeindicus † - a India;
- Hexaprotodon pantanellii † - Italia; Plioceno
- Hexaprotodon protamphibius † - Kenya e o Chad; Plioceno
- Hexaprotodon siculus † -
- Hexaprotodon sivalensis † - a India
- Hexaprotodon sp. † (non descrito) - Myanmar
- Especies indonesias non descritas †; Plistoceno
- Xénero Archaeopotamus - anteriormente incluído en Hexaprotodon
- Archaeopotamus harvardi † - Arabia e África Central; Mioceno-Plioceno
- Archaeopotamus lothagamensis † - Kenya; Mioceno
- 1-2 especies non descritas
- Xénero Choeropsis - hipopótamos ananos
- Xénero Saotherium - anteriormente incluído en Hexaprotodon
Huffman, Brent (22 de decembro de 2016). "Order Artiodactyla". Ultimate Ungulate. Consultado o 29 de xullo de 2019.
Diccionario enciclopédico Salvat Universal 11 (15ª ed.). Barcelona: Salvat Editores, S.A. 1981. p. 371. ISBN 84-345-3717-6.
Boisserie identifica a especie Hippopotamus minor coma Phanourios minutus, mais este xénero non está recoñecido por tódalas autoridades.