![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8f/Joao_IV_proclaimed_king.jpg/640px-Joao_IV_proclaimed_king.jpg&w=640&q=50)
Guerra de Restauración Portuguesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Guerra de Restauración (en portugués: Guerra da Restauração) foi unha serie de enfrontamentos armados entre o reino de Portugal e o Reino de Castela. Este conflito comezou o 1 de decembro de 1640 e rematou co Tratado de Lisboa de 1668, asinado por Afonso VI de Portugal e Carlos II de España, no que se recoñeceu a independencia total de Portugal. A sublevación de 1640 e a longa guerra que desatou puxeron fin a un período de sesenta anos de goberno pola Casa de Austria en Portugal.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Guerra de Restauración Portuguesa | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Proclamación de Xoán IV como rei de Portugal, pintado por Veloso Salgado (Museu Militar de Lisboa). | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
![]() ![]() (1641-59) ![]() (1662-68) |
![]() | ||||||
Líderes | |||||||
![]() ![]() ![]()
|
![]()
| ||||||
Batallas: *Cerco de San Filipo *Batalla de Salvaterra de Miño *Batalla de Montijo *Cerco de Elvas (1644) *Batalla de Talavera la Real *Batalla de Vilanova *Cerco de Lapela *Cerco de Salvaterra de Miño *Cerco de Olivença *Cerco de Mourão *Cerco de Badaxoz (1658) *Batalla de Évora *Batalla das Liñas de Elvas *Cerco de Monção (1659) *Cerco de Badaxoz (1660) *Batalla de Arronches *Batalla de Ameixial *Batalla de Castelo Rodrigo *Batalla de Montes Claros *Batalla das Berlengas (1666) |
O período de 1640 a 1668 caracterizouse por enfrontamentos periódicos entre Portugal e España, tanto pequenas batallas como graves conflitos armados, moitos dos cales foron causados por conflitos en España e Portugal con poderes non ibéricos. España participou na Guerra dos Trinta Anos ata 1648 e na Guerra franco-española ata a 1659, mentres que Portugal participou na Guerra portuguesa-holandesa ata 1663. A fronte mantívose estática e, no lado español, principalmente na defensiva ata 1660, dada a prioridade que a Corte de Madrid concedeu para sufocar o Levantamento de Cataluña. Por outro lado a guerra tivo frecuentes treguas debido ao cansazo e pouca preparación dos exércitos de ambas as partes, xa que ambos os reinos estaban en guerra contra outras potencias.
A guerra estableceu a Casa de Bragança como a nova dinastía reinante de Portugal, substituíndo a Casa dos Habsburgo.