Provincias Unidas

From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincias Unidasmap

As Provincias Unidas ou a República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do norte da rexión histórica dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Zelandia), agrupadas dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Provincias Unidas
Republiek der Zeven Verenigde Nederlanden (nl)

HimnoHet Wilhelmus

Localización
 52°05′N 4°18′L
CapitalA Haia
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.880.500 (1795)
Lingua oficiallingua neerlandesa
RelixiónIgrexa reformada neerlandesa e Calvinismo
Datos históricos
Precedido por
Creación26 de xullo de 1581
Disolución19 de xaneiro de 1795
Sucedido porRepública Bátava
Organización política
Forma de gobernorepública
Órgano lexislativoStates General of the Netherlands (en) ,
MoedaReichsthaler (en)

Pechar

Historia

A orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos casa de Habsburgo. O enfrontamento entre católicos e calvinistas produciu o estabelecemento da Unión de Arras e da Unión de Utrecht (1579), que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1581, os representantes da Unión depuxeron a Filipe II de España e nomearon a Guillerme de Orange (asasinado en 1584). Johan van Oldenbarnevelt foi unha peza clave na creación da República en 1588.

A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de Inglaterra, que xunto a Francia recoñecerían a República en 1596. En virtude da Tregua dos Doce Anos, entre 1609 e 1621, con Filipe III, a Coroa de España recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.

A Idade de Ouro

A alianza con Francia durante a guerra dos Trinta Anos logrou para as provincias o status de Estado independente na Paz de Westfalia (1648).

Nesta época o seu poder medrou ata converterse nunha das potencias mariñas e económicas do século XVII, o que foi considerado como a época dourada dos Países Baixos. Foi unha época na que se estableceron colonias e postos mercantís ao redor de todo o mundo. En 1784, Frederico II, rei de Prusia, organizou unha Liga de príncipes alemáns para salvagardar o statu quo nas Provincias Unidas fronte ás ambicións de Baviera.

Declive

Emprendeu unha confrontación contra Inglaterra pola supremacía naval e tras a agresión por parte de Lois XIV, consumouse o declive do seu poder e en 1795, logo dunha invasión francesa, as Provincias Unidas foron substituídas pola República Bátava.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.