From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra de Afganistán foi un conflito que se estendeu entre abril de 1978 e abril de 1992, e que constituíu a primeira etapa da guerra civil afgá. Considerado como parte da guerra fría, enfrontou ao goberno afgán apoiado polas forzas armadas soviéticas, contra os chamados muxahidins, grupos de insurxentes de varias nacionalidades, na súa maioría combatentes islamistas. Os insurxentes recibiron formación militar nas veciñas Paquistán e China,[8] ademais de millóns de dólares de Estados Unidos, Reino Unido, Arabia Saudita, e outros países.[2][3][4][8][20] Os máis de dez anos de guerra provocaron que moitos afgáns fuxiran do seu país, con destino principalmente a Paquistán e Irán. Ademais dos que morreron en combate, centos de miles de civís afgás foron asasinados.
Guerra de Afganistán | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra civil afgá e a Guerra fría | |||||||||
Loitadores muxahidins na Provincia de Kunar en Afganistán, no ano 1987 | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Unión Soviética |
Muxahidíns
Apoiados por | ||||||||
Líderes | |||||||||
Leonid Brezhnev Yuri Andropov Konstantin Chernenko Mikhail Gorbachev Dmitriy Ustinov Sergei Sokolov Dmitriy Yazov Valentin Varennikov Igor Rodionov Boris Gromov Babrak Karmal Mohammad Najibullah Abdul Rashid Dostum Abdul Qadir Dagarwal Shahnawaz Tanai Mohammed Rafie |
Ahmad Shah Massoud Abdul Haq Abdullah Azzam Ismail Khan Gulbuddin Hekmatyar Jalaluddin Haqqani Mullah Naqib Abdul Rahim Wardak Fazal Haq Mujahid Burhanuddin Rabbani Osama bin Laden Xeneral Zia-ul-Haq Akhtar Abdur Rahman | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Forzas soviéticas:
Forzas afgás:
|
Muxahidíns: | ||||||||
Baixas | |||||||||
Forzas soviéticas:
14.453 asasinados (en total)
53.753 feridos[16] 312 desaparecidos[17] Forzas afgás: 18.000 asasinados[18] |
Muxahidíns:
75.000–90.000 asasinados, +75.000 feridos (estimación)[19] |
Na orixe do conflito encóntrase o triunfo en 1978 da Revolución de Saur e a chegada ao poder dun goberno socialista liderado polo Partido Democrático Popular de Afganistán, que iniciou unha serie de profundas reformas de modernización do país e repartimento da terra. Estas reformas provocaron unha forte oposición nos sectores máis conservadores do país, así como no estamento relixioso e de poder, e comezaron a producirse rebelións armadas ao longo do territorio, apoiadas polos Estados Unidos coa chamada Operación Ciclón, que subministrou armas e un amplo financiamento aos rebeldes islámicos muxahidins.
En 1979 o goberno afgán pediu a intervención da Unión Soviética. Tras negarse nun principio a intervir, esta acabou por entrar no país despois do asasinato do líder da Revolución, Nur Muhammad Taraki, por parte de Hafizullah Amín. Así, o 24 de decembro de 1979 comezou o despregue do 40º Exército soviético en Afganistán, baixo o mando de Leonid Brezhnev.[21] Os soviéticos executaron ao ditador Amin e subiron ao poder a Babrak Karmal. Os combates contra os muxahidins alongáronse durante nove anos, ata que a intervención soviética no conflito rematou trala firma do Acordos de Xenebra entre a República Democrática de Afganistán e Paquistán. A retirada xeral das tropas comezou o 15 de maio de 1988, e concluíu o 15 de febreiro de 1989, baixo o mando do último presidente soviético, Mikhail Gorbachev. Con todo, os enfrontamentos entre as tropas gobernamentais e os muxahidins continuaron ata abril de 1992, ata a caída do goberno da República Democrática de Afganistán e a instauración do Estado Islámico de Afganistán.[22][23][24]
A República Democrática de Afganistán formouse trala Revolución de Saur, o 27 de abril de 1978. O goberno implantou políticas en beneficio dos pobres e dos agricultores e aplicou a axenda socialista. Mantivo importantes relacións diplomáticas coa Unión Soviética. O 5 de decembro de 1978, asinouse un tratado de amizade entre ambos países. O 3 de xullo de 1979, o presidente estadounidense Jimmy Carter asinou a primeira directiva para ofrecer axuda financeira de maneira encuberta aos opositores ao goberno prosoviético de Cabul.[25]
A intervención militar rusa en Afganistán remóntase ás expansións tsaristas coñecidas como "Gran Xogo", que mantiñan Rusia e Gran Bretaña. Esta comezou no século XIX, con acontecementos como o Incidente de Panjdeh, un enfrontamento militar que tivo lugar en 1885, cando o exército ruso se apoderou do territorio afgá ao sur do río Oxus, ao redor dun oasis en Panjdeh. Este interese na rexión continuou durante a era soviética, na que se destinaron millóns en axuda económica e militar a Afganistán entre os anos 1955 e 1978.[26]
En febreiro de 1979, a revolución islámica derrocou ao Sha do país contiguo de Irán, que estaba apoiado polos Estados Unidos. O embaixador dos Estados Unidos en Afganistán, Adolph Dubs, foi secuestrado por militantes dunha organización vinculada ao movemento de Países Non Aliñados, coñecida como Setami Milli, e posteriormente asasinado durante un asalto levado a cabo pola policía afgá, asistida por axentes soviéticos. Esta morte provocou un importante deterioración das relacións afgán-estadounidenses.[27]
Estados Unidos despregou vinte buques e dous portaavións no golfo Pérsico e no mar Arábigo, e producíronse unha serie de ameazas de guerra entre os Estados Unidos e Irán.[28]
En marzo de 1979 asinouse un tratado de paz, apoiado polos Estados Unidos, entre Israel e Exipto. A Unión Soviética considerou que os Estados Unidos sacou proveito deste tratado. Así, un xornal soviético afirmaba que Exipto e Israel se converteran nos "xendarmes do Pentágono". Os soviéticos crían que o tratado non era só un acordo de paz entre os seus antigos aliados exipcios e Israel, senón tamén unha alianza militar.[29] Ademais, Estados Unidos vendeu máis de 5.000 mísiles a Arabia Saudita e abasteceu aos rebeldes leais á coroa, contrarios ao goberno nasserista, na guerra civil do Iemen do Norte. Tamén empeoraron nesa mesma época as relacións entre a Unión Soviética e Iraq. En xuño de 1978, Iraq comezou a establecer relacións cordais con países occidentais, chegando a mercar a Francia armamento de fabricación italiana, aínda que a maioría o obtiña da Unión Soviética, os seus aliados do Pacto de Varsovia e a China.
O rei Mohamed Zahir ascendeu ó trono en 1933 e estivo reinando até 1973. O primo de Zahir, Mohammad Daoud Khan, exerceu como primeiro ministro dende 1954 até 1963. O Partido Democrático Popular de Afganistán (PDPA), de ideoloxía marxista, gañou forza nestes anos. En 1967, o PDPA dividiuse en dúas faccións, o Khalq (traducido por masas ou pobo), liderado por Nur Muhammad Taraki e Hafizullah Amin e o Parcham (traducido por estandarte), liderado por Babrak Karmal.
o 17 de xullo de 1973, o ex-Primeiro Ministro Daoud fíxose co poder mediante un golpe de estado, acusando ao goberno real de corrupción e de ser o causante das mala situación económica que atravesaba o país. Este golpe, supuxo a fin da monarquía e durante o seu goberno, Daoud gozou dunha boa reputación entre boa parte da poboación afgá, aínda que non entre os partidarios do PDPA.
A forte oposición das faccións do PDPA foi reprimida polo réxime de Daoud. A morte de Mir Akbar Khyber, un dos líderes do PDPA, en estrañas circunstancias desencadeou unha onda de protestas en Cabul contra o goberno de Daoud, nas que foron arrestados varios dos principais dirixentes do PDPA.[30][31]
O 27 de abril de 1978, o exército afgá, que simpatizaba co PDPA, derrocou a Daoud e executouno posteriormente xunto con algúns membros da súa familia.[32] Nur Muhammad Taraki, secretario xeral do PDPA, converteuse en presidente dun Consello Revolucionario, así como no Primeiro Ministro da República Democrática de Afganistán, que acababa de ser creada.
Trala revolución, Taraki asumiu a presidencia e os postos de primeiro ministro e de secretario xeral do PDPA. O goberno foi dividido segundo as faccións existentes, co President Taraki e viceprimeiro ministro Hafizullah Amin da facción Khalq fronte a líderes da facción Parcham tales coma Babrak Karmal e Mohammad Najibullah. Os conflitos no PDPA, deron lugar a situacións de exilio, purga e execución de membros do Parcham.[33]
Durante os primeiros dezaoito meses de goberno, o PDPA aplicou un programa de estilo soviético con reformas modernizadoras, moitas das cales foron vistas polos conservadores como contrarias aos principios do islam.[34] Algúns dos decretos, que establecían cambios nas políticas matrimoniais e reformas agrarias, non foron ben recibidos por unha poboación na que predominaba tradición islámica, especialmente por parte dos grandes terratenentes, que resultaron prexudicados pola abolición da usura (aínda que esta estaba prohibida no islam) e a cancelación das débedas que tiñan os pequenos agricultores. A mediados 1978, comezou unha rebelión, co ataque duns rebeldes a unha gornición militar na rexión de Nuristan, ao leste de Afganistán, e pronto se estendeu unha guerra civil por todo o país. En setembro de 1979, o viceprimeiro ministro Hafizullah Amin ocupou o poder trala morte nun tiroteo do presidente Taraki. Os dous meses de goberno de Amin estiveron marcados por unha inestabilidade provocada por unha toma de decisións contraria aos seus opoñentes do PDPA e á crecente rebelión.
A Unión Soviética exercera unha grande influencia na política afgá, dende a infraestrutura civil e militar á sociedade.[35] Na década de 1980, moitos afgás dominaban a lingua rusa.[35] Dende 1947, Afganistán estivera baixo a influencia do goberno ruso e recibira importantes axudas, en forma de asistencia económica e adestramento e armamento militar.
Afganistán xa recibiu axuda económica rusa no ano 1919, pouco despois da Revolución Rusa, cando o novo goberno se enfrontaba á guerra civil. Subministraron armas de pequeno calibre, munición, e uns cantos avións, e (segundo fontes soviéticas) un millón de rublos de ouro, para apoiar á resistencia afgá durante a terceira guerra anglo-afgá. En 1942, a URSS volveu axudar ás Forzas Armadas de Afganistán, con avións e armamento, e establecendo centros de formación en Tashkent (República Socialista Soviética de Uzbekistán). A cooperación militar entre os dous países asentouse en 1956, e os acordos de máis importancia producíronse na década de 1970, na que a URSS enviou conselleiros e especialistas. A Unión Soviética construíu así mesmo unha extensa rede de infraestruturas, participou na construción de universidades, institutos politécnicos, hospitais, infraestruturas civís, centrais eléctricas e colexios locais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.