From Wikipedia, the free encyclopedia
Na astronomía, denominase Grupo Local ó grupo de galaxias na que se atopa a Vía Láctea. Está dominado por dúas galaxias espirais xigantes, Andrómeda e a Vía Láctea. O resto de galaxias, unhas 30, son máis pequenas; moitas delas son galaxias satélite (ver galaxia anana) dunha das máis grandes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As galaxias libres xiran en torno ó centro de masas do grupo, situado entre Andrómeda e a Vía Láctea. Ademais, o noso Grupo Local está contido dentro do supercúmulo de Virgo, o seu centro gravitatorio é denominado Grande Atractor, cara ó cal se dirixe o Grupo Local.
Dentro do Grupo Local, coñécense tres sistemas dominados por galaxias masivas actuando coma centros de gravidade, e varias galaxias actuando coma satélites:
Tense observado que Andrómeda e a Vía Láctea se aproximan rapidamente a unha velocidade duns 500.000 km/h, o que fai pensar que poida producirse unha colisión entre ambas dentro duns 3.000 a 5.000 millóns de anos, segundo a masa que teñan estas galaxias. De producirse, tal choque non debe entenderse coma o que ten lugar entre dous corpos sólidos, senón que as galaxias atravesaríanse a unha á outra. Coma resultado, unha parte do material de ambas dispersaríase e o resto formaría unha nova galaxia, probablemente elíptica. Se en vez dun choque deste tipo o que ten lugar é unha aproximación, ambas galaxias deformaríanse e unha parte do material de cada unha delas escaparía ou se mesturaría, tanto máis, canto maior fose a aproximación, ata acabar tamén fundíndose os restos nunha galaxia elíptica, na que eventualmente acabarían as demais galaxias do grupo.
Polo que respecta ó futuro do Grupo Local, este podería quedar integrado no cúmulo de Virgo, aínda que recentes estudos amosan que a aceleración da velocidade de expansión do Universo impedirá que isto aconteza. Este cúmulo está situado no centro dun supercúmulo moito maior, o Supercúmulo de Virgo. Así pois, o grupo atópase no corazón do supercúmulo situado preto da rexión con maior influencia gravitatoria, á cal se aproxima.
A localización amósase primeiro en ascensión recta, despois a declinación e logo cítase a constelación:
Galaxia | Tipo | Magnitude absoluta |
Diámetro [anos luz] |
Velocidade radial [km/s] |
Distancia [anos luz] |
Localización |
---|---|---|---|---|---|---|
Vía Láctea | SBbc I-II | -20,8 | 100.000 | |||
Anana de Canis Major | Irr | 25.000 | 07h12,0m | -27*40' | Canis Major | |||
Anana Elíptica de Saxitario | dSph(E7) | -14,0 | 10.000 | 78.000 | 18h55,0m | -30*30' | Saxitario | |
Gran Nube de Magalláns | Irr III-IV | -18,1 | 30.000 | +119 | 179.000 | 05h19,7m | -68*57' | Dorado |
Pequena Nube de Magalláns | Irr IV-V | -16,2 | 16.000 | +34 | 210.000 | 00h51,7m | -73*14' | Tucana |
Anana da Osa Menor | dSph | -8,9 | 2.000 | -47 | 215.000 | 15h08,8m | +67*12' | Osa Menor |
Anana de Sculptor | dSph | -10,7 | 3.000 | +115 | 260.000 | 01h00,0m | -33*42' | Sculptor |
Anana de Draco | dSph | -8,6 | 3.000 | -87 | 270.000 | 17h20,1m | +57*55' | Draco |
Anana de Sextans | dSph | -10,0 | 4,000 | 280.000 | 10h13,2m | -01*37' | Sextans | |
Anana de Carina | dSph | -9,92 | 2.000 | +13 | 330.000 | 06h14,6m | -50*58' | Carina |
Anana de Fornax | dSph | -13,0 | 6.000 | -41 | 450.000 | 02h39,9m | -34*32' | Fornax |
Leo II | dSph | -10,2 | 3.000 | +36 | 670.000 | 11h13,5m | +22*10' | Leo |
Leo I | dE3 | -12,0 | 3.000 | +60 | 820.000 | 10h08,5m | +12*18' | Leo |
Anana de Fénix | dIrr/dSph | -9,9 | 2.000 | 1 450 000 | 01h51,1m | -44*27' | Phoenix | |
Galaxia de Barnard (NGC 6822) | Irr IV-V | -16,4 | 8.000 | +44 | 1 600 000 | 19h44,9m | -14*49' | Saxitario |
Andrómeda II | dSph | -11,7 | 2.000 | 1 700 000 | 01h16,4m | +33*27' | Andrómeda | |
NGC 185 | dSph/dE3 | -15,3 | 8.000 | +39 | 2 000 000 | 00h39,0m | +48*20' | Cassiopeia |
Leo III (Leo A) | dIrr | -11,7 | 4.000 | -19 | 2 250 000 | 09h59,4m | +30*45' | Leo |
Andrómeda VII | dSph | -12,0 | 2.000 | 2 250 000 | 23h27,8m | +50*35' | Andrómeda | |
IC 1613 | Irr V | -14,9 | 10.000 | -152 | 2 300 000 | 01h05,1m | +02*08' | Cetus |
NGC 147 | dSph/dE5 | -14,8 | 10.000 | +28 | 2 350 000 | 00h33,2m | +48*31' | Cassiopeia |
Andrómeda III | dSph | -10,2 | 3.000 | 2 500 000 | 00h35,4m | +36*31' | Andrómeda | |
Anana de Cetus | dSph | -10,1 | 3.000 | 2 550 000 | 00h26,1m | -11*02' | Cetus | |
Andrómeda VI | dSph | -11,3 | 3.000 | 2 550 000 | 23h51,7m | +24*36' | Andrómeda | |
Anana de Acuario | dIrr/dSph 2 | -23 | 2 600 000 | 20h46,8m | -12*51' | Acuario | ||
M32 | dE2 | -16,4 | 8.000 | -28 | 2 600 000 | 00h42,7m | +40*52' | Andrómeda |
Andrómeda I | dSph | -11,7 | 2.000 | 2,600,000 | 00h45,7m | +38*00' | Andrómeda | |
Andrómeda V | dSph | -9,1 | 2 650 000 | 01h10,3m | +47*38' | Andrómeda | ||
LGS 3 (Anana de Pisces) | dIrr/dSph | -9,7 | 2.000 | -149 | 2 650 000 | 01h03,8m | +21*53' | Pisces |
Galaxia de Andrómeda (M31) | Sb I-II | -21,8 | 140.000 | -121 | 2 650 000 | 00h42,7m | +41*16' | Andrómeda |
NGC 205 (M110) | dSph/dE5 | -16,3 | 15.000 | -60 | 2 650 000 | 00h41,3m | +41*41' | Andrómeda |
IC 10 | dIrr | -17,6 | 8.000 | -146 | 2 700 000 | 00h20,4m | +59*18' | Cassiopeia |
Galaxia del Triángulo (M33) | Sc II-III | -19,1 | 55.000 | -46 | 2 850 000 | 01h33,9m | +30*39' | Triangulum |
Anana de Tucana | dSph | -9,6 | 2.000 | 2 850 000 | 22h41,7m | -64*25' | Tucana | |
Wolf-Lundmark-Melotte | Irr IV-V | -14,0 | 10.000 | -61 | 3 000 000 | 00h02,0m | -15*28' | Cetus |
Anana de Pegaso | dIrr/dSph | -12,7 | 2.000 | -20 | 3 100 000 | 23h28,6m | +14*45' | Pegaso |
Anana Irregular de Saxitario | dIrr | -11,0 | 3.000 | +8 | 3 450 000 | 19h30,1m | -17*42' | Saxitario |
Anana de Antlia | dSph | -10,7 | 3.000 | 4 000 000 | 10h04,1m | -27*20' | Antlia | |
NGC 3109 | Irr IV-V | -15,8 | 25.000 | +194 | 4 100 000 | 10h03,1m | -26*09' | Hidra |
UGC-A92 | dIrr | 3.000 | +66 | 4 200 000 | 04h27,4m | +63*30' | Camelopardalis | |
UKS 2323-326 | dIrr | -13,1 | 3.000 | +74 | 4 300 000 | 23h26,5m | -32*23' | Sculptor |
Sextans B | dIrr | -14,4 | 8.000 | +168 | 4 400 000 | 10h00,0m | +05*20' |Sextans |
Sextans A | dIrr | -14,3 | 10.000 | +164 | 4 700 000 | 10h11,1m | -04*43' | Sextans |
IC 5152 | dIrr | 8.000 | +80 | 5 200 000 | 22h06,1m | -51*17' | Indus | |
GR 8 | dIrr | -12,5 | 2.000 | +183 | 5 200 000 | 12h58,7m | +14*13' | Virgo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.