Gran Premio de Malaisia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Malaisia, incluído por primeira vez no Campionato do Mundo de Fórmula 1 en 1999, celebrouse ata 2017 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, nas proximidades de Kuala Lumpur. A carreira coñeceuse oficialmente como o Gran Premio de Malaisia desde 2011 ata o seu remate en 2017.[1]
Para o gran premio de motociclismo véxase: Gran Premio de Motociclismo de Malaisia.
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Sepang 2°45′38″N 101°44′15″L |
Lonxitude | 2,706 km |
País | Malaisia |
Vixencia | 1999 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
Outro | |
Páxina web oficial | malaysiangp.com.my |
Historia
Carreiras anteriores
As carreiras de Fórmula 2 das tempadas 1962-1965 celebradas no Circuíto Thomson Road de Singapur son consideradas como un primeiro precedente do Gran Premio de Malaisia, cando Singapur formaba parte da Federación de Malaisia de 1962 a 1965. Logo de que Singapur separouse da federación en 1965, o Gran Premio continuou ata 1973.
Entre a saída de Singapur da Federación de Malaisia e a apertura do circuíto de Sepang, Malaisia foi anfitrioa dunha serie doutros torneos de carreiras no circuíto de Circuíto de Shah Alam entre 1968 e 1995, incluíndo as Tasman Series (1968-1972),[2] Formula Pacific (1973–1974, 1978–1982), Formula Atlantic (1975), Fórmula 2 (1977) e Formula Holden (1995).
Fórmula Un no Circuíto Internacional de Sepang
Os Grandes Premios do Campionato Mundial de Malaisia eran coñecidos polo seu clima impredicible, a calor dun horno nun minuto e unha tormenta tropical no seguinte. O Gran Premio inaugural en Sepang celebrouse en 1999, e viu o regreso de Michael Schumacher logo da súa ausencia debido a unha fractura na perna no Gran Premio Británico.[3] Ferrari dominou a carreira, con Schumacher entregando a vitoria ao seu compañeiro de equipo Eddie Irvine. Ambos corredores foron descualificados por irregularidades técnicas, pero tras unha apelación, anulouse a descualificación.[4]
A carreira de 2001 disputouse con fortes choivas desde a metade da carreira. As condicións puxéronse tan malas que case ao mesmo tempo os dous Ferrari de Michael Schumacher e Rubens Barrichello saíronse de pista na mesma curva. Incriblemente ambos os pilotos recuperáronse e chegaron á meta en primeiro e segundo posto.
No Gran Premio de Malaisia de 2009 a duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. como non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171´833 km percorridos)[5]
O 7 de abril de 2017, anunciouse que a carreira de 2017 sería a última vez que o evento celebraríase en Sepang.[6][7] O contrato da carreira debía expirar en 2018, pero o seu futuro estaba baixo ameaza debido ao aumento dos honorarios de aloxamento e a diminución das vendas de entradas.[8] O ministro de Mocidade e Deporte de Malaisia nese intre, Khairy Jamaluddin, dixo o día 26 de outubro de 2016 en Twitter: "Creo que deberiamos deixar de aloxar á F1. Polo menos un intre. O custo é demasiado alto, cun retorno limitado. Cando organizamos por primeira vez a F1 foi un gran negocio. O primeiro en Asia fóra do Xapón. Agora vese en moitos lugares. Non tomamos a dianteira. Non é unha novidade."[9] A BBC informou que "Malaisia loitara nos últimos anos para atraer a unha multitude importante, pero o seu atractivo víuse danado polo evento nocturno máis glamoroso nas rúas de Singapur".[10]
Gañadores do Gran Premio de Malaisia
Gañadores Múltiples (pilotos)
Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un
O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do CampionatoMundial de Fórmula 1.
Gañados | Piloto | Tempada |
---|---|---|
4 | John MacDonald | 1970, 1971, 1973, 1975 |
Sebastian Vettel | 2010, 2011, 2013, 2015 | |
3 | Michael Schumacher | 2000, 2001, 2004 |
Fernando Alonso | 2005, 2007, 2012 | |
2 | Albert Poon | 1963, 1965 |
Andrew Miedecke | 1981, 1982 | |
Kimi Räikkönen | 2003, 2008 |
Gañadores Múltiples (construtores)
Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un
O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1.
Ano por ano
O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1. A carreira de 1962 chamouse "Malayan Grand Prix"
Ano | Piloto | Construtor | Clase | Localización | Resultados |
---|---|---|---|---|---|
2017 | Max Verstappen | Red Bull - TAG-Heuer | Fórmula 1 | Sepang | Resultados |
2016 | Daniel Ricciardo | Red Bull - TAG Heuer | Fórmula 1 | Resultados | |
2015 | Sebastian Vettel | Ferrari | Fórmula 1 | Resultados | |
2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | Fórmula 1 | Resultados | |
2013 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | Fórmula 1 | Resultados | |
2012 | Fernando Alonso | Ferrari | Fórmula 1 | Resultados | |
2011 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | Fórmula 1 | Resultados | |
2010 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | Fórmula 1 | Resultados | |
2009 | Jenson Button | Brawn-Mercedes | Fórmula 1 | Resultados | |
2008 | Kimi Räikkönen | Ferrari | Fórmula 1 | Resultados | |
2007 | Fernando Alonso | McLaren-Mercedes | Fórmula 1 | Resultados | |
2006 | Giancarlo Fisichella | Renault | Fórmula 1 | Resultados | |
2005 | Fernando Alonso | Renault | Fórmula 1 | Resultados | |
2004 | Michael Schumacher | Ferrari | Fórmula 1 | Resultados | |
2003 | Kimi Räikkönen | McLaren-Mercedes | Fórmula 1 | Resultados | |
2002 | Ralf Schumacher | BMW Williams | Fórmula 1 | Resultados | |
2001 | Michael Schumacher | Ferrari | Fórmula 1 | Resultados | |
2000 | Michael Schumacher | Ferrari | Fórmula 1 | Resultados | |
1999 | Eddie Irvine | Ferrari | Fórmula 1 | Resultados | |
1998- 1996 |
Non celebrado | ||||
1995 | Paul Stokell | Reynard-Holden | Formula Holden | Shah Alam | Resultados |
1994- 1983 |
Non celebrado | ||||
1982 | Andrew Miedecke | Ralt-Ford | Formula Pacific | Shah Alam | Resultados |
1981 | Andrew Miedecke | Ralt-Ford | Formula Pacific | Resultados | |
1980 | Steve Millen | Ralt-Ford | Formula Pacific | Resultados | |
1979 | Ken Smith | March-Ford | Formula Pacific | Resultados | |
1978 | Graeme Lawrence | March-Ford | Formula Pacific | Resultados | |
1977 | Patrick Tambay | March-BMW | Fórmula 2 | Resultados | |
1975 | John MacDonald | Ralt-Ford | Formula Atlantic | Resultados | |
1974 | John MacDonald | Ralt-Ford | Formula Pacific | Resultados | |
1973 | Sonny Rajah | March-Ford | Formula Pacific | Resultados | |
1972 | Harvey Simon | Elfin-Ford | Tasman | Resultados | |
1971 | John MacDonald | Brabham-Ford | Tasman | Resultados | |
1970 | John MacDonald | Brabham-Ford | Tasman | Resultados | |
1969 | Tony Maw | Elfin-Ford | Tasman | Resultados | |
1968 | Hengkie Iriawan | Elfin-Ford | Tasman | Resultados | |
1967- 1966 |
Non celebrado porque o circuíto Thomson Road estaba agora no Singapur independente. O Circuíto Thomson road celebrou o Gran Premio de Singapur ata 1973. | ||||
1965 | Albert Poon | Lotus | Thomson Road | Resultados | |
1964 | Cancelado logo da práctica. | ||||
1963 | Albert Poon | Lotus | Thomson Road | Resultados | |
1962 | Yong Nam Kee | Jaguar | Resultados |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.