Gran Premio de Arabia Saudita de 2022
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Arabia Saudita de 2022 (coñecido oficialmente como Formula 1 STC Saudi Arabian Grand Prix 2022) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 27 de marzo de 2022. Disputouse no Circuíto urbano de Jeddah en Jeddah, Arabia Saudita. A carreira foi a segunda rolda da tempada 2022 de Fórmula Un e marca a segunda vez que se celebra o Gran Premio de Arabia Saudita como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Nome oficial | Formula 1 Saudi Arabian Grand Prix 2022 |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (en) Formula 1 STC Saudi Arabian Grand Prix 2022 |
Tipo | Gran Premio de Arabia Saudita |
Deporte | Formula racing |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022 |
Distancia do evento | 50 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Jeddah (Provincia da Meca) Jeddah (Jeddah Governorate (en) ) |
País | Arabia Saudita |
Intervalo de tempo | 25 de marzo de 2022 – 27 de marzo de 2022 |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
Pole position | Sergio Pérez Mendoza (01:28,2) |
Volta máis rápida | Charles Leclerc (01:31,634) |
Charles Leclerc era o líder do Campionato de Pilotos despois da primeira rolda da fin de semana anterior con oito puntos por diante do seu compañeiro de equipo Carlos Sainz e 11 puntos de Lewis Hamilton.[1] No Campionato de Construtores, Ferrari lidera diante de Mercedes por 17 puntos e de Haas por 17 máis.[2]
O 25 de marzo, o grupo rebelde iemení Houthi atacou un depósito de petróleo de Saudi Aramco preto de Jeddah, a mesma cidade onde ten lugar a carreira. Durante a primeira sesión de adestramentos libres viuse fume negro. O atentado causou preocupación entre pilotos e organizadores xa que a carreira estaba programada para o domingo.[3] Como resultado, a segunda sesión de adestramentos libres atrasouse 15 minutos. Despois da sesión de adestramentos libres, os pilotos e os directores dos equipos foron convocados para unha reunión.[4][5] A maioría dos pilotos ameazaron con boicotear a carreira do domingo alegando problemas de seguridade.[6] Despois dunha breve negociación, os organizadores decidiron que a carreira continuase segundo estaba previsto e todos os directores e pilotos acordaron correr o domingo.
Por segunda vez Nico Hülkenberg ocupa o asento do seu compatriota Sebastian Vettel en Aston Martin.[7]
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C2, C3 e C4 (designados como duro, medio e brando respectivamente) para que os equipos os usaran na carrreira.[8]
Houbo tres sesións prácticas, cada unha dunha hora de duración. As dúas primeiras sesións de prácticas tiveron lugar o venres 25 de marzo ás 17:00 e ás 20:00 hora local (UTC+03:00). A terceira sesión de adestramentos tivo lugar ás 17:00 horas do 26 de marzo.[9] Charles Leclerc de Ferrari superou as dúas sesións de adestramentos libres do venres a pesar de que el e o seu compañeiro de equipo Carlos Sainz víronse obrigados a rematar antes o seu segundo adestramento despois de golpear contra o muro.
Antes da segunda sesión de adestramentos, unha instalación de Saudi Aramco a aproximadamente 16 km (10 mi) do circuíto foi atacada con mísiles e drons, provocando un grande incendio.[10] Os rebeldes Houthi do Iemen, que tamén foron acusados de lanzar un mísil durante o ePrix Diriyah de 2021, presuntamente reivindicaron a responsabilidade.[10] A segunda sesión de adestramentos aprazouse 15 minutos para permitir unha reunión de emerxencia entre pilotos, directores do equipo e o CEO de Fórmula Un Stefano Domenicali.[11] A Fórmula Un e os organizadores anunciaron que o evento continuaría segundo o previsto, a pesar do ataque.[12] A Asociación de pilotos de Gran Premio mantivo unha nova reunión cos pilotos ás 22:00 hora local e, como resultado, todos os pilotos acordaron participar durante o resto do evento. Segundo a BBC, ademías de tranquilizar aos pilotos sobre a seguridade, tamén convenceuse aos pilotos para correr despois de ser advertidos das "consecuencias de non competir", o que supuría posibles dificultades en canto a que os pilotos e os equipos puidesen abandonar o país se se produciuse o boicot á carreira.[13]
A cualificación tivo lugar o 26 de marzo ás 20:00 hora local e durou unha hora.[9] Sergio Pérez de Red Bull logrou a súa primeira pole na Fórmula Un por diante de Charles Leclerc e Carlos Sainz nos seus Ferraris segundo (Leclerc) e terceiro (Sainz) respectivamente. Max Verstappen, vixente campión do mundo e compañeiro de Red Bull de Pérez, só puido lograr o cuarto posto por diante de Esteban Ocon, quinto e George Russell, no sexto lugar no seu Mercedes. Houbo unha gran sorpresa na Q1 xa que o sete veces campión do mundo Lewis Hamilton foi eliminado na primeira quenda da cualificación por primeira vez na xeral desde a clasificación para o Gran Premio do Brasil de 2017. Tamén é a primeira vez, desde a clasificación para o Gran Premio do Reino Unido de 2009, que foi eliminado na Q1 a puro ritmo sen ter en conta problemas técnicos ou doutro tipo. A sesión quedou marcada por un accidente de Nicholas Latifi na Q1 e un grande accidente de Mick Schumacher do que resultou ileso, aínda que foi enviado ao hospital para exames médicos de precaución.[14]
Primeira pole position para Sergio Pérez na súa carreira na Fórmula 1.[15]
Logo do grande accidente sufrido por Mick Schumacher durante a clasificación, o equipo Haas decidiu retirar o auto do piloto alemán para preservar o estado de saude do seu piloto.[16]
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos de cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull-RBPT | 1:29.705 | 1:28.924 | 1:28.200 | 1 |
2 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:29.039 | 1:28.780 | 1:28.225 | 2 |
3 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:28.855 | 1:28.686 | 1:28.402 | 3 |
4 | 1 | Max Verstappen | Red Bull-RBPT | 1:28.928 | 1:28.945 | 1:28.461 | 4 |
5 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 1:30.093 | 1:29.584 | 1:29.068 | 5 |
6 | 63 | George Russell | Mercedes | 1:29.680 | 1:29.618 | 1:29.104 | 6 |
7 | 14 | Fernando Alonso | Alpine-Renault | 1:29.978 | 1:29.295 | 1:29.147 | 7 |
8 | 77 | Valtteri Bottas | Alfa Romeo-Ferrari | 1:29.683 | 1:29.404 | 1:29.183 | 8 |
9 | 10 | Pierre Gasly | AlphaTauri-RBPT | 1:29.891 | 1:29.418 | 1:29.254 | 9 |
10 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:29.831 | 1:29.546 | 1:29.588 | 10 |
11 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:29.957 | 1:29.651 | 11 | |
12 | 3 | Daniel Ricciardo | McLaren-Mercedes | 1:30.009 | 1:29.773 | 14[17] | |
13 | 24 | Guanyu Zhou | Alfa Romeo-Ferrari | 1:29.978 | 1:29.819 | 12 | |
14 | 47 | Mick Schumacher | Haas-Ferrari | 1:30.167 | 1:29.920 | -[18] | |
15 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:30.256 | 1:31.009 | 13 | |
16 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:30.343 | 15 | ||
17 | 23 | Tailandia Alexander Albon | Williams-Mercedes | 1:30.492 | 16 | ||
18 | 27 | Nico Hülkenberg | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:30.534 | 17 | ||
19 | 6 | Nicholas Latifi | Williams-Mercedes | 1:31.817 | 18 | ||
107% Tempo: 1:35.271 | |||||||
NC | 22 | Yuki Tsunoda | AlphaTauri-RBPT | Sen tempo | 19[19] | ||
Fonte:[20][21] |
A carreira comezou ás 20:00 hora local do 27 de marzo e durou 50 voltas, cun límite de tempo de dúas horas.[9]
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.