A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 estivo composta por 11 deportistas integrados no equipo olímpico español, 3 homes e 8 mulleres. Foi un deportista menos dos que participaron nos Xogos de Beijing 2008. Entón foron 12 os participantes, cunha colleita de 4 medallas.[1]

Thumb
Thumb
Tamara Echegoyen, David Cal, Javier Gómez Noya, Teresa Portela e Beatriz Gómez.

Os 11 participantes galegos supuxeron apenas un 3,9 % dos 282 representantes que tivo España nos Xogos. Esta baixa porcentaxe debeuse en boa medida pola case inexistente presenza de xogadores galegos nas seleccións nacionais dos deportes de equipo (fútbol, baloncesto, balonmán, wáter-polo, hóckey herba, ciclismo, ximnasia ou natación sincronizada).

Nesta edición dos Xogos Olímpicos, 5 dos 11 representantes galegos acadaron o seu obxectivo de ser medallistas. A porcentaxe de éxito foi dun 45,45 %, moi superior á media do resto do equipo olímpico español.

Participantes

A seguinte táboa amosa a lista dos deportistas galegos que participaron nas diversas probas da cita olímpica londiniense:

Máis información Deporte, Deportista ...
Deporte Deportista Proba Resultado
AtletismoAlessandra AguilarMaratón26ª (2:29:19) [2]
AtletismoVanessa VeigaMaratón98ª (2:46:53) [2]
BalonmánBegoña FernándezTorneo femininobronce bronce [3]
FútbolDiego MariñoTorneo masculinonon chegaron a cuartos de final [4]
NataciónBeatriz Gómez200m estilos16ª (2:15:12) [5]
PiragüismoDavid Cal FigueroaC-1 1000m masculinoPrata prata (3:48:053) [6]
PiragüismoTeresa PortelaK-1 200m feminino4ª (45:326) [7]
Tiro con arcoIria GrandalIndividual femininadezaseisavos de final [8]
TríatlonJavier Gómez NoyaProba masculinaPrata prata (1:46:36) [9]
VelaTámara EchegoyenElliott 6mOuro ouro [10]
Sofía ToroOuro ouro
Pechar

Alessandra Aguilar e Vanessa Veiga

Thumb
Vanessa Veiga, á dereita da imaxe, no maratón de Londres 2012.

As dúas atletas disputaron o maratón feminino o domingo 5 de agosto. Aguilar rematou no 26º lugar, cun tempo de 2:29:19, e Veiga cruzou a meta no posto 98, cun tempo de 2:46:53.

Begoña Fernández

A pivote da selección española feminina de balonmán Begoña Fernández debutou o 28 de xullo fronte a Corea do Sur. Os seguintes encontros foron o 30 de xullo fronte a Francia, o 1 de agosto fronte a Dinamarca, o 3 de agosto fronte a Suecia e o 5 de agosto fronte a Noruega. De seguido xogou os cuartos de final, o 7 de agosto, onde a selección española venceu a Croacia. Dous días máis tarde, perderon nas semifinais contra Montenegro por 26-27, o que as levou a xogar o partido polo bronce contra as perdedoras da outra semifinal, Corea do Sur. O partido disputouse o 15 de agosto, resultando vencedoras as españolas por 31-29. Fernández anotou 22 goles durante a competición.

Diego Mariño

O porteiro Diego Mariño ocupou o banco nos tres partidos do torneo olímpico masculino que xogou a selección española, fronte ao Xapón, Honduras e Marrocos, recibindo un cartón amarelo no segundo.

Beatriz Gómez

A nadadora pontevedresa Beatriz Gómez Cortés foi última da súa semifinal, cun tempo de 2:15:12.

David Cal

Thumb
David Cal en 2009.

O padexeiro David Cal disputou a primeira rolda e as semifinais do C-1 1000m o día 6 de agosto, e a final o 8 de agosto, acadando a medalla de prata.[11]

Teresa Portela

Teresa Portela pasou pola rolda previa e polas semifinais de K-1 200m o día 10 de agosto mentres que a final tivo lugar ó día seguinte. A piragüista galega rematou en cuarto lugar, a tan só dúas décimas do bronce.

Iria Grandal

A ferrolá Iria Grandal García comezou a competición de tiro con arco o día 27 de xullo. Conseguiu chegar ata a rolda de dezaseisavos de final, onde perdeu perante a surcoreana Hyeonju Choi.

Javier Gómez Noya

Thumb
Gómez Noya en 2006.

A proba de tríatlon na que participou Javier Gómez Noya tivo lugar o 7 de agosto, acadando a medalla de prata cun tempo de 1:46:36.[12]

Támara Echegoyen e Sofía Toro

A viguesa Támara Echegoyen Domínguez e a coruñesa Sofía Toro participaron, canda a asturiana Ángela Pumariega, na proba olímpica da Clase Elliott 6m. A competición disputouse, por primeira vez nuns Xogos Olímpicos, baixo o sistema match race.

As regatas da liguiña inicial tiveron lugar entre o 29 de xullo e o 4 de agosto, fase na que a embarcación das galegas quedou clasificada en terceira posición. Tras vencer a Francia (3-0) e a Rusia (2-1) nos cuartos de final e na semifinal, respectivamente, as galegas alcanzaron a final do torneo. O día 11 de agosto, logo dunha axustadísima eliminatoria, Echegoyen, Toro e Pumariega foron quen de vencer por 3-2 á difícil embarcación australiana. O ouro acadado por estas dúas regatistas marcou un fito na historia do deporte galego, ao se tratar da primeira medalla olímpica conseguida por unha muller galega.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.