artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil,[1] que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres.
José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París. Tamara Echegoyen e Sofía Toro foron as primeiras mulleres galegas en conseguir unha medalla olímpica (e de ouro), na proba de vela Elliott 6m dos Xogos Olímpicos de 2012.[2]
Deporte | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|
Piragüismo | 3 | 7 | 4 | 14 |
Fútbol | 2 | 2 | 0 | 4 |
Vela | 2 | 0 | 1 | 3 |
Baloncesto | 0 | 1 | 0 | 1 |
Tríatlon | 0 | 1 | 0 | 1 |
Ciclismo | 0 | 1 | 0 | 1 |
Balonmán | 0 | 0 | 3 | 3 |
Atletismo | 0 | 0 | 1 | 1 |
Judo | 0 | 0 | 1 | 1 |
Boxeo | 0 | 0 | 1 | 1 |
Total | 7 | 12 | 11 | 30 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.