deportista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicolás Rodríguez García-Paz, nado en Vigo o 30 de abril de 1991, é un deportista galego que compite en vela, na clase 470.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Nicolás Rodríguez García-Paz 30 de abril de 1991 (33 anos) Vigo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | regatista |
Deporte | Vela |
Participou en | |
Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 470 masculino (pt) (3º) | |
Premios |
Gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, tres medallas no Campionato Mundial de 470 entre 2018 e 2021 e outras tres no Campionato Europeo de 470 entre 2017 e 2021.
Neto dun comandante da Mariña, comezou a practicar vela aos 8 anos, no Real Club Náutico de Vigo.[2] Gañou títulos galegos en Optimist e foi dúas veces campión de España de 420,[3] pasando logo á vela olímpica, primeiro na clase 49er e logo na 470.
En 2013 comezou a competir con Nahuel Rodríguez en 470, pero pouco despois deixou o deporte e emigrou aos Países Baixos para exercer como odontólogo, carreira que estudou na Universidade de Santiago de Compostela.[3][4] En 2016, o regatista catalán Jordi Xammar, que viña de competir nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro, chamouno para ofrecerlle preparar xuntos o seguinte ciclo olímpico.[3][5]
Xunto a Xammar, foi en 2018 medalla de bronce no Campionato Mundial de 470.[6] En 2019 foi subcampión do mundo e en 2021 volveu ser medalla de bronce.[7][8] En 2017 gañou a medalla de bronce no Campionato de Europa, en 2019 a prata e en 2021 de novo a prata.[9][10][11]
Participou con Xammar nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, na clase 470. Gañaron dúas das regatas e remataron na terceira posición, conseguindo a medalla de bronce por detŕas da embarcación australiana e da sueca.[12] Converteuse así no quinto regatista galego cunha medalla olímpica, despois de que o conseguisen antes Antón Paz, Fernando Echávarri, Támara Echegoyen e Sofía Toro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.